José Ramón Gómez Besteiro, candidato á secretaría xeral do PSdeG, exerceu esta mañá o seu dereito a voto no edificio de sindicatos de Lugo no que definiu como “un día grande para os socialistas, no que os e as militantes van poder elixir o seu secretario xeral”, e animou a que “así o fagan”, porque é “un dereito individual e tamén un deber, un compromiso co partido e co futuro do partido”. Gómez Besteiro destacou que “cada voto vale o mesmo” e a militancia ten a oportunidade de elixir o seu secretario xeral “coa máxima liberdade”, polo que “a forza de cada voto vai supor sen dúbida o cambio e a renovación do PSdeG”.
O socialista manifestou afrontar esta cita “con optimismo, ánimo, alegría, e moitísima ilusión” e “disposto a gozar deste día”, que rematará indo á sede do Pino, en Santiago, onde se recollen os resultados da votación e onde explicou que aporveitará para saúdar aos compañeiros e compañeiras que están a traballar nesta xornada. “Disfrutei moito nesta campaña, volvín facer política cos compañeiros e compañeiras de base e confío na militancia nun día de moitísima alegría”, afirmou.
“É unha xornada moi democrática, de participación, e o que estamos a facer os socialistas é adecuarnos aos tempos e á sociedade, cando a sociedade está a pedir máis democracia, máis participación e máis transparencia”, afirmou Besteiro, que explicou que esta mesma mañá quixo chamar por teléfono ao outro candidato antes da votación. “Falei co compañeiro Manel para desexarlle que teña bo día. Teño claro que é o meu compañeiro e que o noso único rival é a dereita dura, insensible e fría de Núñez Feijóo, que con cada acción e coa súa política cada vez fai máis dano a máis persoas”, dixo. “Temos que abrir o partido á sociedade e ser útiles, porque somos máis necesarios que nunca, incluso máis que hai 30 anos”, concluíu.



















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



