Unha unidade móbil para a inspección técnica de vehículos agrícolas estará nas instalacións do mercado comarcal gandeiro de Lourenzá do 24 ao 27 deste mes de setembro. Anunciouno hoxe a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, a través dun bando. O horario de atención será de 9 a 13:30 e de 15:15 a 18 horas agás o día 27, cando será só pola mañá. Para solicitar cita previa poden facelo chamando ao teléfono 902.30.90.00 ou a través da páxina web www.sycitv.com. No bando tamén se explica que “a admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias”.
ITV para vehículos agrícolas en Lourenzá
ITV para vehículos agrícolas en Lourenzá
Relacionado
-
O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, na inauguración do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional