Ribadeo, 9 de setembro de 2013. O alcalde, Fernando Suárez, envioulle unha carta de protesta á conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, pola decisión deste departamento da Xunta de eliminar unha praza de médico no centro de saúde de Ribadeo. Suárez Barcia pídelle que proceda a repoñer dito posto e a manter unha xuntanza de urxencia para recibir cumpridas explicacións dos motivos que levaron á Consellería de Sanidade a adoptar esa medida.
O rexedor sinalou que “as persoas que somos escollidas polo pobo temos que facer o que se espera de nós. Eu sei que se espera de nós que amañemos cousas pequenas, que tapemos os baches, que fagamos actividades de todo tipo, etc, pero tamén se espera de nós que defendamos as cuestións básicas: a sanidade, os servizos sociais e a educación. E mais nun momento no que todo está en revisión e se está a precarizar para que haxa dúas liñas: os que teñen diñeiro e poden chegar a todo iso e os que non teñen cartos e deben poñerse á cola e agardar a que poida escampar”.
Suárez Barcia dixo que “no día de hoxe lle acabamos de enviar unha carta á conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, para protestar enerxicamente pola decisión do seu departamento de eliminar unha praza de médico en Ribadeo. Si Ribadeo hai anos e con menos poboación xa contaba con 8 médicos, agora con todo o aumento de poboación empadroada e desprazada non existe un argumento obxectivo sanitario para que só poida contar 7”. O alcalde de Ribadeo asegurou que “non nos valen as explicacións técnicas de que as ratios de pacientes por médicos son 1.200 ou 1.500 ou as que sexan. Esas ratios non están aprobadas en ningún lado e cada un pode dicir o que lle veña en gana. A nosa misión como alcalde, como Corporación Municipal, como goberno é defender os sectores básicos e a sanidade é un sector fundamental”.
Residencia para maiores
Fernández Suárez tamén se referiu á xuntanza que manterá esta tarde en Santiago de Compostela a comisión pro residencia de maiores en Ribadeo coa conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato. O rexedor lembrou que “levamos anos de loita ata conseguir o obxectivo que é a posibilidade de ter unha nova residencia de maiores en Ribadeo, que veña reforzar ao Hospital Asilo, pero que nin de lonxe é suficiente para a demanda que hai de xente maior necesitada”.
O alcalde ribadense engadiu que “hoxe se cumpre o prazo de tres meses no que quedaramos para que a conselleira buscara e rebuscara si había maneira posible económica de poñer diñeiro enriba da mesa para apoiar, achegar e adxuntar aos fondos que a Deputación Provincial de Lugo se ten comprometido a aportar xunto cos fondos que o Concello, a pesares da situación mala que estamos a vivir, ten tamén pensado aportar ao proxecto de construción dunha nova residencia”. Suárez Barcia subliñou que “se fai importante ou practicamente capital que a Consellería de Traballo e Benestar poña unha parte dos fondos desa obra, porque quen ten as competencias é a Xunta de Galicia e a cidadanía vería moi mal que quen ten esas competencias non puxera nin un só céntimo para a construción do edificio”.
O rexedor agarda que “o día de hoxe, moi importante desde o punto de vista sanitario e desde o punto de vista dos servizos sociais e de atención ás persoas maiores, sexa unha boa xornada e que a partires de hoxe tanto na Consellería de Sanidade coma na de Benestar tomen conciencia de que o que lles estamos a dicir aquí non só sae por boca do alcalde senón que o dicimos por boca de todos os veciños e veciñas deste concello. Queremos unha sanidade pública, de calidade e non precaria e queremos unha atención dos nosos maiores aquí en Ribadeo e non a dúas ou tres horas de camiño, como lles ocorre a moitos dos nosos maiores que teñen que ir pasar os seus últimos días a residencias lonxanas como Chantada, Monforte, etc, etc”.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



