ADEGA informa da activación da súa nova web. A nova web de ADEGA intenta superar algunhas eivas da vella web, integrar toda a información que se produce no eido da organización, ser máis funcional para os socios e socias de ADEGA e para calquera usuario e ofrecer unha imaxe máis atractiva e moderna. O enderezo URL non muda, segue sendo “adega.info”. Ademais poderedes acceder aos contidos do vello soporte na barra do fondo da actual web a través da ligazón “Web 2009-2013”. A día de hoxe aínda estamos a completar algunhas seccións que intentaremos ter rematado o máis pronto posible. Pregámosche que teñas paciencia mentres esteamos neste proceso. Agardamos que o resultado sexa do voso agrado.
Nova web de ADEGA
Nova web de ADEGA
Relacionado
-
Xa está aberto o prazo para formalizar a matrícula na Escola Infantil Municipal de Viveiro para o curso 2025/2026
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na inauguración da XV edición do Encontro de Palilleiras de Burela que se celebrou este sábado
-
César Díaz Colmenares celebrou este venres o seu 103 aniversario en Carballido, Alfoz