José Tomé Roca presentou este xoves xunto a deputados e deputadas provinciais e alcaldes o programa que promove a institución provincial por quinto ano consecutivo e que consiste en visitas guiadas polo patrimonio máis representativo do territorio lucense
Lugo, 15 de maio de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este xoves nos xardíns do Pazo de San Marcos a quinta edición do Coñece o románico da provincia de Lugo, o programa da Deputación de rutas gratuítas guiadas polo patrimonio lucense. Un acto no que estivo acompañado por deputados e deputadas e tamén alcaldes e concelleiros e concelleiras dos municipios polos que van discorrer estas rutas. “Unha cita xa consolidada na nosa programación turística, que ano tras ano confirma o interese, a curiosidade e o orgullo que sentimos pola nosa historia e polo noso patrimonio”, valorou o mandatario provincial.
“Estas rutas non son só unha actividade turística. Son, sobre todo, unha oportunidade para redescubrir o noso territorio con outros ollos”, apuntou Tomé Roca, quen argumentou que “moitas veces buscamos experiencias a centos ou miles de quilómetros da casa, sen decatarnos de que a poucos minutos hai capelas que gardan séculos de historia, igrexas que foron faros espirituais e vilas que naceron ao abrigo dun mosteiro”. Explicou que este ano os itinerarios inclúen desde os grandes monumentos recoñecidos, como a Catedral de Lugo ou a basílica de San Martiño de Mondoñedo, ata pequenas “xoias” como as de Antas de Ulla, Palas de Rei, Monterroso, Guntín, Paradela ou Sober.
Nese sentido, subliñou o Presidente que “defender e poñer en valor este patrimonio é unha prioridade para a Deputación de Lugo” e que estas rutas do románico “forman parte dunha estratexia máis ampla que vimos promovendo: un modelo de turismo de proximidade, sostible, de calidade, que aposta pola desestacionalización, por pequenos grupos, sen masificacións, e que deixa valor real no territorio en termos económicos e de emprego”. Un turismo, engadiu, que axuda tamén a fixar poboación, especialmente no rural.
Detallou que as prazas son limitadas -20 persoas por ruta, excepto nas de Lugo, Meira e Foz, que contarán con 25- e que a Deputación ofertará un total de 335. As inscricións poden facerse dende hoxe a través dos teléfonos 982 260 234 e 982 260 011 de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas e da páxina web da Deputación de Lugo: http://inscricions.deputacionlugo.org. Non haberá servizo de autobús, polo que os desprazamentos faranse en vehículos particulares.
A Deputación de Lugo ingresou no 2020 na Ruta da Transrománica, recoñecida oficialmente co selo de Itinerario Cultural do Consello de Europa, o que situou ao románico lucense no nivel máis alto de recoñecemento europeo. A programación organizada este ano pola Deputación:
Venres, 30 de maio
– 10:30 horas. A Catedral de Lugo e a Cidade Medieval.
Sábado, 31 de maio
– 10:30 horas. O Saviñao: Románico con vistas ao Miño.
– 11:00 horas. O románico no Camiño de Santiago. Portomarín e Paradela.
– 16:30 horas. O románico de Taboada.
– 16:30 horas. Tesouros do románico rural en Lugo.
Domingo, 1 de xuño
– 10:30 horas. Monforte na historia
– 10:30 horas. A basílica de San Martiño de Mondoñedo de Foz
– 17:00 horas. O Románico Urbano. Visita a unha importante vila medieval no reino de Galicia: Viveiro.
Sábado, 7 de xuño
-10:30 horas. Pantón: A Ruta do Monacato Feminino.
-10:30 horas. O románico nas terras da Ulloa: Antas de Ulla.
– 16:30 horas. O románico no Xeoparque das Montañas do Courel.
– 16:30 horas. O románico nas terras da Ulloa: Palas de rei e Monterroso.
Domingo, 8 de xuño
-11:00 horas. Sarria e O Camiño: Os pasos do románico.
-11:00 horas. O románico de Chantada.
-11:00 horas. Santa María de Meira.
– 16:30 horas. Dez séculos no concello de Sober: Dos Romanos ao Románico.



















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



