A solicitude de concesión de augas da celulosa debera entenderse desestimada por vencer o prazo legal para resolver
Carril, venres 16 de maio de 2025. AADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) e a PDRA (Plataforma en Defensa da Ría de Arousa) anuncian o inicio de accións legais conxuntas para evitar a construción do proxecto de macrocelulosa de Altri-Greenfiber na Ulloa.
Aínda que os trámites administrativos da factoría non están rematados e a instalación carece arestora dos permisos necesarios (Autorización Ambiental Integrada, Concesión de Augas e aprobación do Consello da Xunta) as irregularidades na tramitación do proxecto e, particularmente na concesión de augas, dan pé ás nosas organizacións a acudir xa á vía xudicial.
A vía elixida é a presentación dun recurso de Alzada, condición previa ao contencioso xudicial, polo silencio administrativo de Augas de Galiza á solicitude de arquivo do expediente de concesión de augas procedentes do río Ulla con destino a uso industrial, solicitada por Greenfiber S.L.
Na tramitación da concesión de augas solicitada por Altri (46.000 m3/día), o Regulamento do Dominio Público Hidráulico fixa un prazo máximo de 18 meses para resolver, tralos cales a solicitude entenderase desestimada. O procedemento comezou co inicio do trámite de competencia nun momento igual ou anterior ao 30 de novembro de 2022, data na que o BOP da Coruña (nº 227) publicou o Anuncio do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galiza Centro, da apertura do trámite de competencia de proxectos da solicitude con clave DH.A36.88645. Xa que logo, o prazo para resolver tería rematado o día 30 de maio de 2024, 18 meses despois da data da primeira publicación en boletín oficial.
Consecuentemente, ADEGA e a PDRA solicitamos en febreiro pasado á Directora de Augas de Galiza que declarara de caducidade do procedemento, sen termos recibido a día de hoxe, máis de 3 meses despois, resolución expresa. Xa que logo, a petición ficou desestimada por silencio administrativo, acto este que vimos de recorrer en Alzada e, fronte a un eventual novo silencio ou desestimación, devirá nunha demanda pola vía contencioso-administrativa.
Esta acción é posíbel grazas á campaña de recadación solidaria “Xustiza para o Ulla”, que no seu reto inicial acadou en apenas 20 días os 39.000 € necesarios para sufragar as primeiras accións xurídicas contra Altri.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



