«A nosa intención e presentalo canto antes», afirmou a alcaldesa Mariña Gueimunde
Viveiro, 16 de maio de 2025. Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, e Martín Vale, tenente de alcaldesa, fixeron hoxe un balance sobre a acción de Goberno levada a cabo durante os dous primeiros meses logo da moción de censura. Un dos aspectos que trataron foi o do Orzamento 2025, que, segundo expresaron, non está pechado, pero estará entre os 14,5 e 15 millóns de euros. «A nosa intención é levalo canto antes», argumentaron.
A alcaldesa lamentou que «estannos a reclamar o Orzamento 2025, pero esa tarefa tiña que tela feito o bipartito en 2024». Martín Vale engadiu que «iniciamos a elaboración do presuposto cun lastre de máis de 800.000 euros de facturas que non se puideron atender, axudas que non se cobraron, cousas que aparecen sen previsión de contratación… A secretaria e a interventora xa viñan avisando de que as cousas non se poden facer así, porque non se compren os requisitos de contratación. Este lastre fai difícil o encadre».
Acerca das relacións cos demais grupos políticos, Vale indicou que «non temos contacto con BNG, porque non queren falar con nós e limítanse a insultarnos e a impoñer as súas ideas por riba do interese xeral. Si mantivemos contacto co PSOE e con Por Viveiro, e creo que poderemos chegar a acordos con eles».
Débedas acumuladas
A rexedora expuxo que «os nosos recursos son limitados pola herdanza do bipartito. Falábamos de 900.000 euros de débeda, pero cada día é máis alta, porque seguen chegando facturas de 2024 e, incluso, de 2023. Pero o peor de todo é que se gastaba en cousas que non eran necesidades básicas».
Neste senso, Martín Vale manifestou que «en canto á débeda financeira, que ten un plan establecido, estamos por debaixo dos 7.000.000 de euros. A débeda supoñía un 48% dos ingresos anuais, pero o gasto corrente nos preocupa moito máis e estamos dándolle voltas á cabeza para solucionalo».
Onte, segundo comentou Mariña Gueimunde, «chegou unha multa de 2.700 euros de Costas relacionada coa carpa que se instalou nos xardíns no Entroido. O bipartito comprometérase a pagala e a tramitar os permisos, pero non se tramitaron a Costas. E agora a multa terá que pagala este Goberno cos cartos de todos os veciños o veciñas de Viveiro». «Estamos pagando a mala xestión dos demais. Nós non queremos facer as cousas mal e, aínda así, temos que asumir facturas que nin sequera teñen unha proposta de gasto», engadiu.
Proxectos
Mariña Gueimunde detallou os proxectos que se están poñendo en marcha desde o Concello e un dos que falou foi da reactivación da Praza de Abastos: «Temos interese en que volva a ser a que foi, porque está no corazón de Viveiro. Apostamos polo comercio tradicional e de proximidade. O goberno anterior solicitou unha diagnose e nós, unha subvención. Mentres non se produza a rehabilitación, posiblemente ata o seguinte exercicio, hai que darlle vida. Por iso sacamos de novo a licitación os postos».
A alcaldesa de Viveiro tamén fixo referencia, entre outros, ao pulo ás obras de Celeiro (detidas desde novembro de 2024), ao plan de expropiación das parcelas da Xunqueira, á licitación dunha empresa enerxética, ao avance a partir da semana que vén no PXOM ou á adxudicación das obras do colexio Santa Rita de Galdo.
Tamén apuntou que «estudiamos con Portos de Galicia un paseo marítimo de fachada para rexenerar el peirao. Farémonos coa casa do peirao, porque Viveiro merece un espazo para desenvolver as actividades e accións culturais e teatrais».
Outra das medidas que se porá en marcha será a rexeneración do abastecemento de auga de Landrove-Magazos. A actuación, coordinada con Medio Ambiente, se levará a cabo nun tramo do que emanan as tubaxes cara a outras parroquias.
Unha das sinaturas pendentes é, segundo comentou a rexedora, «ordenar os nosos espazos; falo das dependencias do Concello, dos centros sociais, da Casa do Mestre… Temos que saber en que condicións están e que dispoñibilidade teñen, porque o Concello non dispón dun rexistro de actividades nin dun listado no que se reflicta por quen están ocupados».
Reunións con colectivos
Mariña Gueimunde explicou, acerca dos colectivos, que «seguiremos facendo reunións para explicarlles cal será o procedemento, sobre todo de cara ao 2026. As asociacións deben saber que cantidade se lles asignará, porque, do contrario, non poden desenvolver un programa de actividades». En canto ao deporte, afirmou que «darémoslle prioridade o deporte base». Ademais, Martín Vale agregou que «atopamos unha cantidade de 130.000 euros que non está liquidada».
Contactos institucionais
A alcaldesa de Viveiro sinalou que xa se ten reunido cos titulares de boa parte das Consellerías da Xunta. Ademais, lembrou que «ao día seguinte de acceder ao cargo, solicitei cita na Deputación, co delegado de Goberno e co presidente de la Xunta. De momento, ningún deles me recibiu. Pero sería interesante que o señor Tomé, presidente da Deputación, me recibise e me explicase que vai pasar con ese millón de euros que comprometeu para Viveiro para intentar evitar a moción de censura».




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



