Demasiado castigo sufriu esta tarde o Burela FS Pescados Rubén na visita do xigante ElPozo Murcia (0-4) á Mariña, nun encontro no que a efectividade dos levantinos tivo máis peso que a ofensiva dos locais.
Empezaba con garra e sen nervios o Burela FS Pescados Rubén. Xa no primeiro minuto de xogo Matamoros buscaba sorprender a Fabio cun disparo alto e rozando o 3 volvían á carga Mata e Hugo, nunha ardua pelexa na área visitante. Con todo, o perigo murciano non se fixo esperar demasiado. ElPozo tivo unha oportunidade de ouro a balón parado, no minuto 5, tras amarela a Iago Míguez; o lanzamento de Gréllo pegou en Bebe e saíu desviado; Raúl Campos tamén quixo poñer en apuros a Edu, recollendo o pase de Miguelín con elaboración de José Ruiz. Á terceira foi a vencida; a escuadra de Duda conseguiu bater a meta mariñá no minuto 7 cun contragolpe xestado no seu campo que culminou José Ruiz, tras unha serie de rexeitamentos baixo os paus laranxas. Pouco segundos despois Matamoros evitou que os visitantes ampliasen a distancia, despexando o esférico a piques de cruzar a liña.
A falta de tres minutos para o descanso, Mata acariñou o pau en disparo raso, logo de superar a defensa rival. Volveron intentalo os laranxas; malia que Bebe esmagou a Antoñito para frear o perigo burelista, Mimi puido rescatar o balón, a piques de entrar con el de cabeza na meta murciana. A recta final da primeira parte foi para os de Juanlu, con asedio sen tregua, pero a fortuna non estivo do lado de Vista Alegre; Hugo, por partida dobre, e Mata desaproveitaron os últimos cartuchos antes do descanso.
A segunda parte comezou costa arriba para os burelistas; cando apenas ían 40 segundos, Lolo Suazo subiu o 0-2 para ElPozo nun lanzamento limpo que se introduciu na rede por encima de Edu. A partir de aí, o traballo ofensivo recaeu nos da Mariña. Antoñito liderou a reacción dos mariñáns para intentar reducir as distancias; o dorsal 23 dispuxo de tres ocasiones marabillosas en tan só dous minutos, antes do 23, con Fabio como obstáculo nas dúas primeiras e a portería como repelente na terceira. Non baixaron os brazos os galegos, firmes en ataque, aínda que sen acerto na finalización. Tras o mísil de Burrito interceptado por Fabio no 28, tamén tivo traballo Edu, que desarmou a Raúl Campos, fronte a fronte, superado o ecuador do segundo período. O tándem Hugo-Mata reapareceu no 35; o internacional culminou unha xogada que volveu acariñar o pau. A falta de pouco máis de catro minutos, Mimi abandeirou o xogo de cinco para Burela FS en busca da remontada. Cando parecía que xa se podía celebrar o gol laranxa, Fabio converteuse no protagonista do 0-3 murciano logo de que a defensa tombara a Antoñito nunha magnífica ocasión laranxa na área de ElPozo. Con protesta xeneralizada na bancada, o 0-4 final chegou grazas a Miguelín no último minuto, asistido por Gréllo.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Edu, Isi, Hugo, Matamoros e Antoñito, quinteto inicial; tamén xogaron David ‘Burrito’, Mimi, Juanma, Iago Míguez, Christian.
ElPozo Murcia FS: Fabio, Juampi, Lolo Suazo, Bebe e Álex, quinteto inicial; tamén xogaron Miguelín, Gréllo, Raúl Campos, José Ruiz, Jesús
Goles: 0-1, minuto 7, José Ruiz; 0-2, minuto 21, Lolo Suazo; 0-3, minuto 37, Fabio; 0-4, minuto 39, Miguelín
Árbitros: Contreras Tejedor // Pérez Álvarez (Castela e León)
Tarxetas: Por Burela FS amarela a Iago Míguez (minuto 5), Hugo (minuto 20), Matamoros (minuto 23), Mimi (minuto 26). Por ElPozo amarela a Bebe (minuto 17)
Incidencias: Partido correspondente á terceira xornada de Primeira División LNFS disputado en Vista Alegre. Xogadores de Burela FS e ElPozo Murcia posaron xunto a Sofía Méndez, representante da Asociación Piel de Mariposa (DEBRA España), coincidindo coa Fila 0 habilitada no pavillón para devandito colectivo. Antes do asubío inicial gardouse un minuto de silencio polo falecemento de Raquel González, irmá do porteiro laranxa Álex. Arredor de 1200 afeccionados/as.
*Foto: A Caixa Escura Producións





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
