Trasbar, 10 de setembro de 2013.- A asociación de veciños do Burgo de Trasbar comeza o novo curso o vindeiro xoves. Despois do descanso do verán, no que tan só nos dedicamos a ir de romarías (ao San Antonio da Rigueira, e ao Santiago de Sargadelos), toca poñerse as pilas para comezar con ánimo un ano cargado de actividades e empezar a abrir o local social todas as fins de semana.
Colaboración coa Comisión de Festas
A Comisión de festas da Romaría da Santa Eufemia de Trasbar, ten que traballar moi duro para poder organizar unhas festas estupendas para tan poucos veciños. Co ánimo de botarlles unha man, esta asociación puxo á venda rifas para o sorteo de 500 euros. O número da papeleta deberá coincidir coas catro últimas cifras do primeiro premio do sorteo da ONCE do día 16 de setembro. O prezo de cada rifa é de 1 euro e consta de catro
terminacións. Os beneficios da venda son para sufragar os gastos da festa. O premio será entregado no local social de Trasbar a partir do 21 de setembro.
Ademais diso, tal e como fixemos en anos anteriores, colaboramos na elaboración da alfombra floral para a procesión do sábado 14. Para elo, comezamos o xoves 12 a xuntar o verde e a cortalo a partir das 17.00 h no garaxe de Marina. O venres 13, á mesma hora e no mesmo sitio, prepararemos as flores e iremos pintar arredor da capela o bosquexo da
alfombra que comezaremos a confeccionar o sábado a partir das 07.00 h.
Calendario de actividades
O vindeiro sábado 21 de setembro abrimos de novo as portas do local social todas as fins de semana. O horario dos sábados é a partir das 18.00 h e o dos domingos a partir das 17.00 h. Todos os veciños están desexando que chegue ese día xa que están moi contentos de poder xuntarse para botar unhas partidas, parolar e tomar un cafeíño.
O domingo 22 teremos a III Subida ao monte Cabaleiro. A saída está prevista para as 10.00 h desde o local social. Esta actividade é gratuíta. Recomendamos levar roupa e calzado cómodos e algo de comer para xantar no camiño. Os que non se animen a subir poderán ir para o local social no horario de apertura habitual.
No mes de outubro elaboraremos os calendarios dos campionatos de tute e de parchís. O prazo de inscrición será dende o día 21 ata o día 29 de setembro. Para os socios é gratuíto e os non socios deberán pagar unha cota de 10 euros por persoa.
Este ano temos como novidade un curso de bailes de salón. Terá lugar os martes no local social de Trasbar e un custo de 25 euros ao mes cada parella. A inscrición pódese facer a través do correo electrónico da asociación (burgodetrasbar@yahoo.es), no local social ou poñéndose en contacto con calquera dos membros da Xunta Directiva.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



