Mondoñedo, 11 de setembro de 2013- O comité executivo do Partido Popular de Mondoñedo vén de manter unha xuntanza para planificar os traballos a realizar no último trimestre do ano.
Durante a reunión na que participou a presidenta dos populares de Mondoñedo, Elena Candia, marcouse unha liña de traballo e analizáronse os principais problemas que lles está a transmitir a sociedade mindoniense.
Do mesmo xeito, o grupo municipal do PP local agradeceu a axuda e colaboración de todo o equipo ao tempo que deu conta de iniciativas e ideas que trasladarán a futuras sesións plenarias.
Neste senso, a presidenta do PP local agradeceu o traballo desinteresado e comprometido do equipo popular, preocupado pola falta de proxecto do PSOE e do BNG, para os que é o común e aplicable a frase de que “para cada solución, sempre ven un problema”. “Un goberno obsoleto, cansado e sen proxecto”, reiteran os populares.
Obra do entorno da catedral, seminario e Fonte Vella
Dunha maneira máis concreta, entre os temas tratados, fíxose fincapé na preocupación dos populares e dos veciños ante o feito de que o PSOE e o BNG municipal, non sexan quen de darlles unha solución a situación na que se atopa a praza do seminario.
Deste xeito, na reunión explicouse que quedaron sen executar máis de 149.000 euros das melloras ofrecidas pola empresa; ademais de presentarse deficiencias nas xa lavadas a cabo e pagadas.
Os populares consideran que esta situación non pode quedar impune e lamentan a incapacidade do goberno local para resolver os problemas ao tempo que denuncian o incumprimento de compromisos adquiridos.
Dende o PP reiteran que as deficiencias son claras e evidentes na citada infraestrutura, tal e como vén denunciando dende fai tempo, e engade que nunha obra de tanto diñeiro público, máis dun millón de euros, non se debe fomentar ningunha dúbida.
Os populares pregúntanse o porqué o alcalde se nega a crear unha comisión de investigación, tras votar en contra da proposta dos populares. É necesario esclarecer dúbidas, explican os populares, tanto a nós como aos veciños.
Outras demandas
O PP durante a xuntanza tamén acordou trasladar a pleno a petición dos veciños da rúa José María Pardo, tralas inundacións sufridas, ao tempo que pedirá tamén a limpeza dos “graffitis” que levan máis de 5 anos.
De igual maneira, os populares tamén se interesarán en pleno polo estado do edificio do centro comarcal, así planificaron as reunións para informar aos veciños sobre a proposta de trazado do Camiño de Santiago pola localidade.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



