O I Torneo de Pádel San Bartolo celebrado en Xove, indicado para promocionar o pádel no concello, contou coa participación de 60 parellas que se disputaron o título ao longo de 2 semanas de competición. A organización e patrocinio deste evento correo a cargo da Concellería de Deportes do Concello de Xove, contándose para esta primeira edición coa colaboración das empresas NOX e +PADEL. En canto á coordinación organizativa e técnica do Torneo estivo a cargo de Jacobo Gradaílle.
As parellas que saíron vitoriosas, foron:
-1ª categoría masculina: impúxose a parella xovense formada por Juchi-Borja a Luismi-Jesús 6-2/6-0.
-1ª categoría feminina: impúxose a parella xovense formada por Tatiana-Elia a Lara-Gemma por un tanteador de 6-3/6-0.
-Categoría mixta: gañaron os xovenses Marcelo Gradaílle-Tatiana Durán a Jacobo Gradaílle-Elia por un resultado de 6-4/6-4.
-2ªcategoría masculina: gañou a parella viveirense formada por Pablo-Pino aos xogadores de Ribadeo Suso Novo-Jose Carvajales por un resultado de 6-0/6-3.
-2ª categoría feminina: gañou a parella viveirense formada por Mariana-Noelia a Berta-Inés por un resultado de 6-4/6-4.
Rematado o torneo, dende o concellería de deportes e turismo destacan unha gran participación ao alcanzar as 60 parellas “que son moitas para tratarse dunha primeira edición”, segundo manifesta a concelleira Cristina Iglesias. Outro aspecto a destacar foi o gran ambiente reinante durante toda a competición, sinalado por tódolos participantes, moitos dos cales xa lle pediron á organización a celebración dunha nova edición.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
