CERVO, 4 DE SETEMBRO. Os socialistas de Cervo non comprenden cómo o goberno do PP pode comunicar ó remate da época estival, xa en pleno mes de setembro, que cerra o acceso á praia de Cubelas polo seu mal estado, “a deixadez de funcións é total e absoluta, pois é que non chegan tarde se non que aínda por riba admiten que é un perigo para os usuarios e falan de que os problemas se veñen dando dende o temporal do 2010”.
Neste senso, dende o PSOE local pregúntanse “qué fixeron nestes tres anos para solucionar o problema a parte de nada. É lamentable que desgraciadamente teñamos que utilizar a famosa frase de xa o dicíamos nós, a principios de xullo alertamos da mala situación dos accesos a Cubelas e do perigo que podían supoñer para os veciños e usuarios pero dende o Concello non se moveu un dedo”.
Engaden que “despois de quedar calados os meses de xullo e agosto, dende o goberno de dereitas falan agora, cando estamos rematando a época estival, de preocupación e perigos, nós falamos de desidia, deixadez, falta de interese, e moitos máis adxectivos negativos que se poderían utilizar para calificar a ineficacia deste equipo de goberno”.



















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



