O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE organiza para o vindeiro domingo día 15 de setembro a Ruta Monte Pindo (O Pindo-Carnota), tamén denominado o Olimpo Galego. Despois de subir ao monte a baixada farase pola aldea de O Fieiro pasando polo Mirador de Ézaro (onde acabou unha das etapas máis espectaculares da Volta Ciclista a España do ano pasado) e finaliza no Porto Deportivo e na Praia de Ézaro. Un percorrido de 12 km. de subida e baixada ao Monte mais emblemático de Galicia. O grupo tamén visitará a Fervenza do Río Xallas en Ézaro, único río de Europa que se precipita o mar formando unha espectacular fervenza. A inscrición está aberta dende o pasado 2 de setembro e poderá facerse na Piscina Municipal de Xove, no teléfono 618 976 159, ou no correo: senderismoxove@gmail.com. A saída en bus realizarase ás 07.00 horas do Centro Cívico de Xove pasando por Viveiro ás 07.15 horas. A cota de inscrición é de 12 euros para os socios e de 15 para os que non sexan socios. A comida será por conta propia.
