A Coordinadora Galega de ONGD e a campaña Impórtanos, promovida polo Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade de Vigo, poñen en marcha Maniféstome, unha campaña de sensibilización e denuncia das causas da pobreza coincidindo co 17 de outubro, Día internacional pola erradicación da Pobreza
Maniféstome a favor dunha banca ética; maniféstome en contra o trato discriminatorio ás persoas inmigrantes; ou maniféstome a favor do consumo responsable son algúns dos lemas cos que a cidadanía galega poderá fotografarse en distintas cidades galegas esta semana. As imaxes circularán polas redes socias
Será unha manifestación en diferido en distintos espazos e días para que todas as persoas poidan esixir a redistribución da riqueza e o fin da inxustiza social!
O photocall Maniféstome estreouse onte, 14 de outubro, na Facultade de Maxisterio da USC e ten previsto seguir a súa andaina os próximos días:
16 de outubro: estará na Coruña, na entrada da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños de 10 a 18:30 horas.
17 de outubro: estará en Vigo, Av Castelao, xunto a praza América, de 11 a 20 horas.
Dende a organización, ademais, convidamos a calquera colectivo ou institución a solicitar o photocall para instalalo na súa vila ou cidade.
Loita contra a Pobreza
Hoxe, no mundo, 1.300 millóns de persoas viven nunha situación de pobreza extrema e 1.000 millóns pasan fame a diario. Mentres, cada ano acaban no lixo máis de mil toneladas de alimentos e o 1% das persoas máis ricas do planeta seguen a incrementar os seus ingresos. Pola súa banda, o Estado español sitúase na cumio das desigualdade sociais en Europa, por diante, incluso, de países duramente golpeados pola crise como Grecia, e só por diante de Portugal, Letonia e Bulgaria, segundo datos de Intermón Oxfam.
A pobreza é cada vez máis extrema, intensa e crónica. As desigualdades, causa e consecuencia á vez da crise global e complexa que vivimos, aumentan debido, entre outras cousas, a unha fiscalidade inxusta e unhas políticas de austeridade desvastadoras que mesmo poñen en perigo a universalidade dos servizos públicos e dos dereitos das persoas. Mentres, o custo de bens e servizos básicos como alimentos, enerxía e medicamentos aumentan en todo o mundo; o acceso á educación, sanidade e servizos sociais públicos dificúltase; e desmantélase a política de cooperación ao desenvolvemento .
Existen claras semellanzas entre estes programas de austeridade e as ruinosas políticas de axuste estrutural impostas en América Latina, o Leste Asiático e África subsahariana nas décadas de 1980 e 1990, segundo denuncia Intermón Oxfam . Estas políticas foron un fracaso; un tratamento que pretendía “curar a enfermidade matando o paciente”. Por iso manifestámonos para que non se repita!
Dende Maniféstome propoñemos denunciar as causas da pobreza e apostar por alternativas xustas, responsables e solidarias a favor dun crecemento inclusivo que favoreza ás persoas, as comunidades e o medio. Temos máis de 40 lemas!
























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



