A Mariña, 22 de outubro de 2013. A Aula de Formación do concello de Xove acollerá o próximo xoves ás sete da tarde un acto informativo organizado pola Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña sobre a repercusión dos recortes de persoal nos centros de saúde da comarca, entre eles o de Xove que perdeu unha praza de facultativo. Dende a Plataforma constatan a desparición do Hospital da Costa dos Orzamentos da Xunta para 2014, tal como xa denunciaramos cando a Xunta aprobou o Decreto de Xestión Integrada Provincial, agora a xerencia do Hospital da Costa xa non conta con orzamento propio senón que deberá negocialo coa xerencia provincial que distribuirá fondos de acordo co seu criterio, polo que insisten en que este modelo organizativo aboca ao hospital da Costa a ser unha simple sucursal do HULA.
O hospital da Costa destaca unha vez mais por ser cabeceira nas listas de agarda do sistema sanitario público galego aínda ocultando boa parte da realidade
Aínda tendo en conta que os datos oficiais publicados polo SERGAS sobre listas de agarda, non recollen a realidade xa que ocultan as listas de agarda non estruturais daquelas persoas que se negan a ser derivadas a centros concertados por diferentes razóns, no Hospital mariñao os datos seguen a ser unha vez mais alarmantes xa que o sitúa no segundo posto do sistema público – so despois do CHUVI – en atención cirúrxica e no terceiro en primeiras consultas – por detrás do CHUVI e o Arquitecto Marcide. O Hospital da Costa, sempre tendo en conta datos oficiais que agochan a realidade, sitúase en 12,1 días por riba da media galega en agardas cirúrxicas e 23 días por riba da media do EOXI provincial. Igualmente para primeiras consultas supérase a media galega en 5, 3 días e en 4,2 o EOXI provincial.
Por primeira vez na súa historia o Hospital da Costa desaparece do orzamento da Xunta e a xerencia mariñá deberá ser negociar co xerente do HULA que comparte coa Xerencia da Area de Xestión Provincial
O hospital da Costa desaparece dos orzamentos da Xunta por primeira vez na historia como consecuencia da creación da Area de Xestión Integrada, por primeira vez na historia o centro mariñao pasa a ter unha dependencia absoluta de decisión tomadas a cen quilómetros de distancia xa que deberá negociar e aterse aos criterios de reparto orzamentario que decida a xerencia do HULA que barrerá para a casa e continuará aplicando recortes non só na asistencia especializada que presta o Hospital da Costa, tamén na asistencia primaria.
O Sr. Feijoo e o PP volven traizoar á Mariña coa necesaria ampliación do Hospital mariñao que perde atendendo á explicacións dos seus acólitos mariñaos a súa condición de Hospital para pasar a ser un centro de saúde
Para a Plataforma tanto o Sr. Feijoo como o PP de Lugo volven traizoar á xente da Mariña dilatando no tempo os prazos de ampliación do Hospital, dende a Plataforma dubidan que o goberno do Sr. Feijoo vaia iniciar as obras neste mandato xa que tanto o presidente como os seus mandados na comarca e na provincia están mais pendentes de vender fume e propaganda que de acelerar os trámites administrativos e orzamentarios para a súa execución. Mentres tanto, o proceso de degradación da asistencia sanitaria na Mariña segue degradándose coa perda de servizos, masivas derivacións a outros centros sanitarios, recortes no orzamento e persoal, etc.
A Plataforma ironizou coas explicacións ofrecidas polos mandados do Sr. Feijoo en relación á inexistencia de partidas económicas para a prometida ampliación do Hospital da Costa, as explicacións destes Srs. non son cribles e moito menos as súas formas triunfalistas, tanto é así que agora o Hospital da Costa xa non é un hospital senón que oficialmente xa ten a condición de centro de saúde.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



