Lourenzá, 24 de outubro de 2013. Esta semana empezou o décimo curso do taller de memoria do Concello de Lourenzá, que conta con 48 alumnos de idades comprendidas entre 63 e 87 anos. Realizarán diversas actividades ao longo dos vindeiros meses, entre elas unha excursión a un balneario o 19 de novembro, na que poderán participar todo os veciños do concello maiores de 60 anos e o prazo de inscrición xa está aberto.
A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, anunciou hoxe que “neste décimo curso participan 48 alumnos con idades comprendidas entre 63 e 87 anos. Facemos tres grupos, que serán impartidos os martes e os mércores pola educadora familiar Dolores Villasuso. A xente que participa ten actividades paralelas coa finalidade de achegar ás distintas persoas que forman parte deste taller de memoria, e tamén para os seus familiares, actos como por exemplo o Nadal, o Entroido ou incluso unha festa de fin de curso onde se mostran todas aquelas actividades que foron facendo. En anos anteriores fíxose unha obra de teatro no 2011, no curso pasado participaron nun club de lectura e este ano os asistentes ao taller de memoria están interesados en retomar unha vez máis o teatro; é unha actividade que, como sempre, contará coa axuda de Pepe Peinó se finalmente hai un grupo de persoas suficiente para poder facer unha representación”.
A rexedora engadiu que os alumnos do taller de memoria “participan en distintas charlas, que se fan ao longo de todo ano. E tamén tratamos de organizar distintas excursións, nas que por mor da crise agora pedimos a colaboración dos asistentes para sufragar os custos da viaxe. A primeira que temos programada é xa para o vindeiro 19 de novembro, que é unha excursión para todas as persoas maiores de 60 anos, non soamente para as do taller de memoria senón que está aberta a outras do concello. É unha excursión termal ao balneario de Augas Santas, no concello de Ferreira de Pantón. Pódese facer por un prezo de 20 euros e vai incluído o autobús para todo o percorrido; o almorzo buffet no hotel Oca Golf Balneario Augas Santas; un circuíto termal polas augas mineromedicinais e baños colectivos, para o cal é necesario que vaian provistos de bañador, gorro e chanclas.
Tamén se presentará o programa Termalismo e beneficios dos baños termais no propio balneario e a continuación visitarse unha bodega da Ribeira Sacra. Para inscribirse nesta excursión os interesados deben anotarse no centro social do Torreón dos Frades en horario de 10 a 13 horas preguntando pola educadora familiar, Dolores Villasuso, ou ben no teléfono 982.12.10.36. Agardamos que esta actividade sexa ben acollida non soamente polos membros do taller de memoria senón tamén por outras persoas maiores de 60 anos que queiran pasar un día de relax nesta excursión termal”.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



