A delegación de cultura de Foz organiza un ciclo de teatro de outono nas parroquias que dará comezo este venres 11 de outubro e rematará o 1 de decembro coa participación de tres grupos do municipio: A Adala, de Fazouro; Axóuxeres, de Vilaronte e O Batán, de Cangas; nesta primeira edición.
Esta iniciativa está pensada para encher de vida os locais sociais e ofrecer oportunidades de ocio nas zonas rurais coa finalidade de que todos os veciños teñan a posibilidade de gozar das artes escénicas neste outono sen ter que desprazarse lonxe.
O venres 11 de outubro A Adala achegará a comedia “Sen seu amor” aos veciños e veciñas de Marzán a partir das 21.00 horas na Antiga Báscula. E o 27 do mesmo mes, Axóuxeres representarán no centro social A Saira de Nois as comedias “Véndese mula” e “A Pousada” a partir das 18.30 horas.
O sábado 2 de novembro Fazouro recibe a O Batán na Escola ás 19.00 horas onde porán enriba do escenario a comedia “Retiractivos”; mentres que o domingo 10 de novembro o teatro chegará a Cangas da man de A Adala no centro social Os Castros a partir das 19.00 horas.
O sábado 16 e o domingo 17 tocaralle a quenda ao teleclub de Vilaronte e a Antiga Escola de San Acisclo que recibirán a visita do grupo O Batán a partir das 20.30 horas e 18.30 horas, respectivamente.
Santa Cilla e San Martiño recibirán aos grupos teatrais o venres 22 e o sábado 30, respectivamente, con representacións dos Axóuxeres a partir das 21.30 e das 20.30 horas.
Finalmente, A Adala pecharán este ciclo de teatro na parroquia de Cordido o domingo 1 de decembro coa súa representación no centro social a partir das 18.00 horas.


















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



