Reunidas delegacións da Permanente de Espazo Ecosocialista Galego e da Executiva de Esquerda Unida para valorar a situación política e social de Galicia, de cara a reforzar o traballo común con motivo das vindeiras eleccións europeas de maio de 2014, e a necesidade recoñecida por ambas organizacións de confluír na máis ampla fronte posible de esquerda nacional galega ACORDAN:
1. Esquerda Unida e Espazo Ecosocialista Galego comparten o análise da difícil situación social e democrática que estase a vivir polo que son tempos que requiren das máis amplas unidades democráticas e de esquerda.
2. Que as eleccións europeas nese contexto de sufrimento dos sectores máis desfavorecidos da poboación requiren programas claros de ruptura coas directrices da troica e que combatan as políticas de recortes e austeridade en Galicia e que afecten a Galicia dende o estado e dende a UE, alternativas de mantemento sostible dos servizos públicos e dunha economía o servizo das necesidades da cidadanía, e non dos poderes económicos especuladores.
3. Que estes acordos amplos so poden ser eficaces cunha coordinación de proxectos de ruptura a nivel de Europa e cunha alianza a nivel de Estado que permitan abordar un proceso de superación democrática do esgotado modelo saído da transición.
4. Que nesa ampla unidade debe participar un suxeito nacional galego, xa que a nova democracia debe ter un carácter plurinacional claro, coordinado cun proxecto de forzas de esquerda transformadora doutros territorios e mesmo do estado, tendo en conta a circunscrición única e a situación de crise sistémica e de novo proceso (s) constituínte (s).
5. Que debe ser arredor de AGE onde se constrúa ese suxeito político de esquerda nacional galega concorrente nese proceso electoral dende unha colaboración estratéxica, corresponsable e compartida (de igual a igual) das súas forzas políticas que permita seguir a construír o novo proxecto político da esquerda nacional galega posto en marcha hai un ano .
6. Como daquela, non pode haber lugar ás exclusións na participación neste proceso, desde as premisas de compartir as bases programáticas que se definan, mellorando o funcionamento interno, observándose as reivindicacións de máis democracia interna, máis transparencia e máis protagonismo da propia cidadanía crítica e mobilizada.
7. Que Esquerda Unida e Espazo Ecosocialista están en condicións de compartir unha mesma candidatura ás eleccións europeas nas claves anteriormente expostas.
8. Que ademais de alianzas electorais a esquerda debe avanzar en formular de cooperación estratéxica sobre un carácter democrático e nacional. Esquerda Unida e Espazo Ecosocialista Galego comprométense, nesa liña.
En Compostela, a 10 de outubro de 2013




















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



