O Concelleiro Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO INDEPENDIENTES DE VIVEIRO (iVi) presenta ao Pleno da Corporación Municipal do Concello de Viveiro as seguintes:
PREGUNTAS
1. Solicitamos o equipo de goberno faga tódalas xestións posibles para que se proceda ao repintado das liñas da estrada de Vieiro a Galdo, LU-P-6601, no tramo comprendido da parroquia de Vieiro, dado que estamos entrando no inverno e debido a estreitez da mesma e a pouca iluminación nalgún tramo, pode ser causa de sinistros.
2. De novo veciños do lugar da Pena en Viveiro volveron a comentarnos, que pese a que o alcantarillado desde lugar, como xa indicou o Sr. Alcalde noutro pleno, xa estaba en funcionamento, din que ninguén por parte do Concello nin por parte da concesionaria Aquagest se puxeron en contacto con eles para indicarlles algo o respecto, para poder entracar as súas vivendas, por elo preguntamos, ¿que teñen que facer?
3. Pasou xa o mes de setembro, ¿tívose algunha contestación por parte da Xunta de Galicia ou por parte da Dirección Xeral de Tráfico sobre o novo plan de tráfico de Viveiro?
4. No pleno do mes de agosto de 2012 facíamos un rogo, logo das deficiencias no pintado de liñas continuas en varias zonas no percorrido da estrada LU-862, dende a rotonda do Hotel Las Sirenas ata o cruce á praia de Area, executadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, co fin de que se subsanara, na medida do posible, dito pintado. A esta data todo segue igual, e por elo desexaríamos saber se por parte dalgunha administración ou departamento tívose algunha resposta o respecto.
5. Varios usuarios do porto deportivo de Viveiro nos indicaron que nas oficinas que a empresa concesionaria ten de atención o público, estánse a comercializar produtos de pinturas e tamén de material náutico, por elo preguntamos ¿contan coa debida licencia municipal para poder vender ditos artigos?
6. Por parte deste portavoz municipal, fixérase a este pleno a proposta para solicitar unha reunión a tres bandas, entre Concello, (tódolos portavoces e o Sr. Alcalde), Portos de Galicia e Costas do Estado para tratar de unificar posturas e dar unha solución definitiva o antigo muelle de Viveiro. ¿Pódenos indicar o Sr. Alcalde se houbo algunha resposta a dita proposta?.
7. ¿Tívose algunha resposta da administración autonómica da nosa petición para que o edificio que albergaba o Centro Comarcal da Mariña Occidental pasase o Concello?.
8. No BOE da data do luns 11 de Xuño de 2012, sección III, pax. 42340, saian publicadas as accións autonómicas do plan de zona As Mariñas a executar de forma concertada pola administración xeral do estado, e no seu punto “Presupuesto de la actuación 1.20.CA.1 viña unha para “Inversión real en promoción FITN Semana Santa de Viveiro, cun presuposto de 160.000 €, cuxo departamento responsable da execución era a Secretaría Xeral de Turismo dependente da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia. ¿Pódenos indicar o Sr. Alcalde se a este data tívose algunha notificación por parte da administración da Xunta para poder acadar estas axudas?
ROGOS
1.Varios veciños da rúa Nicolás Cora fixéronnos chegar as súas queixas polo mal olor que desprender os novos colectores soterrados, desexaríamos saber, ¿de cada canto tempo se procede a súa limpeza?
2. Nun pleno anterior preguntábamos a Alcaldía polo horario de atención o público da oficina de Aguagest. Pois sabemos que tan só atende 2 horas diarias. Por elo, ROGAMOS o Sr. Alcalde faga todas as xestións posibles para que a oficina volte a ter o horario que tiña, e poder dar e atender o servizo necesario as veciños que teñan que realizar algún trámite ante dita empresa.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



