A Deputación publicou este martes a listaxe das 105 persoas admitidas no proceso de selección das novas bolsas de emprego que ofrece a mozos lucenses en paro para facilitar a súa inserción laboral en España con formación en prestixiosas empresas europeas.
Nos taboleiros de anuncios da Deputación e da Fundación TIC, así como nas súas correspondentes webs, www.deputacionlugo.org e www.fundaciontic.org, atópase a relación de solicitudes e detállase a súa situación. No caso de que ser “admitido condicionante”, os afectados teñen 3 días naturais, dende mañá e ata o venres incluído, para subsanar erros. Para elo, terán que entregar a documentación correspondente no Rexistro do Pazo Provincial, ou ben en calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992.
O vindeiro martes, 29 de outubro, ás 16:30 horas no Salón de Actos do Pazo Provincial, terá lugar a primeira proba de coñecemento, consistente nun cuestionario tipo test de 20 preguntas, no que se valorarán os coñecementos do aspirantes no sector educativo de procedencia. Os participantes deberán acreditar a súa identidade mediante a presentación do DNI. En vindeiras datas, avaliarase o nivel de idiomas.
70 becas
As becas que ofrece o organismo provincial nesta convocatoria son 70. A súa distribución é a seguinte:
– 50 prazas son para mozos da provincia menores de 35 anos, desempregados, preferentemente sen experiencia profesional, e con titulación universitaria, acadada nos últimos catro ano sobre estes sectores: medioambiente, agroalimentación, gandeiría, pesca, informática, turismo e ciencias da vida. Supoñen prácticas durante tres meses e medio, en empresas de Hamburgo, Viena, Florencia, Lisboa, Praga, Belfast e Cork.
– 20 prazas son para rapaces lucenses formados na Escola de Imaxe e Son, o único centro educativo da provincia que imparte ensinanzas superiores no eido audiovisual, que teñan terminado os seus estudos Produción de Radio, Audiovisuais e Espectáculos, ou de Realización de Audiovisuais e Espectáculos, nos últimos tres anos. Darase prioridade ás persoas en situación de desemprego, e a aquelas que non poidan acceder a este tipo de prácticas laborais no estranxeiro por razóns económicas. As prácticas serán durante tres meses en empresas de Irlanda, Módena e Lisboa.
O custe é de cero euros para os beneficiados, xa que a Deputación asume os gastos de aloxamento ou das viaxes, ademais de xestionar os lugares de formación, con 309.000 euros, financiados nun 70% pola Unión Europea.
250 bolsas de emprego
Esta é a 2º convocatoria de becas Leonardo da Vinci que pon en marcha a Deputación na provincia con fondos europeos. O ano pasado, a institución ofreceu outras 70 bolsas de emprego con esta programación. No 2014, o organismo provincial impulsará outras 50 tras revalidar o apoio da Unión Europea. A Deputación sumará, deste xeito, 190 becas Leonardo da Vinci que, xunto con outras convocatorias, suporá que o número total de bolsas de emprego que a institución ofrece a lucenses desempregados ascende a 250.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



