Lugo, 4 de outubro de 2013. Este venres, o portavoz do BNG na Deputación de Lugo e delegado de Cultura e Turismo da mesma, o nacionalista Mario Outeiro, criticou a xestión do goberno do Estado e da Xunta de Galiza en relación coas decisións de instaurar un copagamento a medicamentos para pacientes baixo tratamento non hospitalizados e pola anunciada irrisoria suba das pensións do 0,25%, e afirmou que “é unha cifra a todas luces insuficiente xa que cunha inflación que o goberno agarda que sexa próxima ao 1,5% no 2014, a escasa revalorización das pensións vai supoñer unha perda substancial do poder adquisitivo dos nosos pensionistas. A medida que contempla o goberno do Estado con respecto ás pensións, subíndoas por debaixo do custo real da vida, supón un empobrecemento das persoas pensionista e terá unha especial incidencia en Lugo”.
“Coa composición demográfica lucense, onde arredor do 35% da poboación son persoas pensionistas, o impacto de medidas coma esta é moi significativo; especialmente, se temos en conta, a actual situación de desemprego e a dependencia de moitas economías familiares con respecto ás pensións, que sustentan en moitos casos as familias” – afirmou Mario Outeiro.
Neste sentido, Mario Outeiro afirmou que “aforrar non é detraer diñeiro das pensións para pagar a débeda, iso é un asalto ás persoas pensionistas, un dos colectivos máis vulnerábeis da sociedade, que desde a chegada dos populares ao poder vén vendo mermado o seu poder adquisitivo. Porén o problema non só está no ano que vén. A memoria económica do proxecto de reforma do goberno prevé que as pensións a partires do 2014 non se actualicen co IPC senón tendo en conta outros criterios, algo que empeorará a partires do 2019. Deste xeito, o goberno podería “aforrar” preto de 70.000 millóns de euros ata o 2022. Aforrar, unha palabra fermosa que serve para enmascarar outro asalto á hucha dos pensionistas”.
Esta volve a ser unha actuación que non só afecta aos individuos senón que, ao igual que o desmantelamento financeiro do país ou o caso das participacións preferentes, vai ter unha clara afección á nación galega no sentido de que volve a drenar recursos cara outras zonas do Estado ou de Europa. Non obstante, estamos a falar dunha zona envellecida con 120.000 persoas en Lugo que cobran unha pensión, por certo, das máis baixas do Estado (620€ mensuais de media fronte as 858€ de media as españolas).
Mario Outeiro afirmou que “nun momento no que a EPA volve tumbar os “brotes verdes” do goberno, esta medida é claramente desafortunada. No mes de setembro o paro aumentou en Galiza en máis de tres mil persoas (máis que o mes de setembro do ano anterior), sendo Lugo a provincia onde máis aumenta o desemprego respecto ao mes anterior e unha das máis envellecidas, o que constitúe unha sangría social xa que un de cada tres fogares viven dos ingresos procedentes de prestacións, onde as pensións son unha parte fundamental. Sen dúbida os escandalosos datos de pobreza en Galiza aumentarán de novo de manterse as políticas austericidas do Partido Popular tanto na Xunta de Galiza coma no Goberno do Estado”.
















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



