Ribadeo, 4 de outubro de 2013. Coincidindo co Día Mundial das Aves este sábado, 5 de outubro, o Concello de Ribadeo fará público o seu novo proxecto de turismo ornitolóxico denominado Ribadeo Birding.
Segundo explica a concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez, “trátase dunha nova iniciativa, orientada á promoción de toda a riqueza natural que a ría de Ribadeo pode ofrecer ao visitante. Ribadeo Birding é un proxecto baseado na difusión da potencialidade e riqueza natural da zona, así como na gran variedade de actividades e servizos complementarios que o visitante pode atopar”.
A edil nacionalista di que “Ribadeo Birding consta dunha completa web informativa para o visitante e un folleto turístico que, unha vez na vila, o guiará e orientará sobre as rutas e recursos naturais dos que pode disfrutar. Na web, o visitante poderá atopar tamén o aloxamento que máis se adapte as súas necesidades, a mellor gastronomía e todas as actividades de ocio complementarias que farán da súa estancia na vila unha auténtica experiencia”.
Ana Martínez sinala que “estamos diante dun proxecto de dinamización turística de Ribadeo, que busca descubrir ao visitante moito máis alá do que habitualmente coñece, ofrecendo unha completa visión de toda a oferta de ocio que a vila pon a súa disposición. Dende Desenvolvemento Local e Turismo do Concello de Ribadeo e da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo (a través das mesas microsectoriais) o que se persegue con esta iniciativa é demostrar o enorme potencial que tanto a vila como o entorno natural que a rodea, ten de cara a converter a Ribadeo nun destino turístico máis alá de períodos estacionais, así como descubrir ao visitante as infinitas actividades de ocio que ten o seu alcance. Un turismo próximo, e de calidade, que nos invita a descubrir os recunchos máis paisaxísticos e os recursos máis fermosos de Ribadeo”.
O acto de presentación de esta nova iniciativa terá lugar o mañá, sábado, ás 11 horas na Oficina de Turismo da vila. Durante o mesmo presentarase o portal web turístico http://birding.ribadeo.org/ E seguidamente presentarase tamén un novo folleto turístico, dedicado á ría de Ribadeo e ás súas aves, e que será unha pequena ferramenta que axudará ós visitantes a coñecer e disfrutar deste importante humidal.
A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo engadiu que “por último, e como colofón a estas presentacións, realizarase unha pequena ruta urbana pola beira da ría para intentar observar algunhas das aves que nesta época do ano nos acompañan. Terá unha duración dunhas dúas horas e recoméndase aos interesados en asistir que vaian provistos de prismáticos”.
Martínez subliña que “Ribadeo Birding é unha iniciativa aberta a todos establecementos que se queiran sumar a ela. O obxectivo último que persegue é a desestacionalización do turismo no período comprendido entre outubro e a primavera”.
Tras a presentación, que terá lugar este sábado, quedará inaugurado oficialmente o mes do turismo ornitolóxico en Ribadeo.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



