O Alcalde de Riotorto, o nacionalista Federico Xosé Gutiérrez Estoa, anunciou este luns que o Pleno deste Concello acordou instar ao Presidente da Xunta Galiza a que paralice a entrada en vigor da Resolución do 10 de setembro de 2013, da Dirección Xeral da Carteira Básica de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia, pola que se procede a modificar as condicións de financiamento de medicamentos incluídos na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde mediante a asignación de achega do usuario. Asemade e na mesma liña acordouse Demandar do Goberno do Estado a derogación da resolución recollida no BOE do 10 de setembro que establece a obrigatoriedade da achega do usuario para as patoloxías e a carteira de medicamentos fixadas na referida resolución.
“Agardamos que a presión social obrigue ao PP a dar marcha atrás” afirmou Estoa posto que “a decisión do goberno significa cruzar todas as liñas vermellas xa que pretenden cobrar por medicamentos como Afinitor o el Tyverb utilizados para retrasar o cancro de mama, o Votrient ou Temodal utilizados para o tratamento do cancro de riñón e os tumores cerebrais respectivamente, a máis doutras medicacións como LCM prescritos para a leucemia mieloide crónica, o tratamento de tumores malignos non resecabeis e/ou metastásicos do estroma gastrointestinal (GIST), a artrite reumatoide, a dexeneración macular ou a hepatite c crónica. En definitiva estamos diante dun goberno sen alma que non coñece a palabra humanidade e que con decisións deste tipo non fai outra cousa que retratarse ou deixar claro que só goberna para os ricos. Tanto é así que segundo fixa o BOE a aportación do usuario para estes medicamentos que estaban exentos do copago será dun 10% do PVP, cun máximo actualmente fixado en 4,20 euros, conforme ao fixado na Resolución do 21 de Xaneiro da Dirección Xeral da Carteira Básica de servizos do Sistema Nacional de Saúde, o que significa que si o medicamento costa 30 euros a achega será de 3 euros, pero si o medicamento costa 100 euros a achega non poderá superar os 4,20 euros”.
O Alcalde de Riotorto sinalou que son tempos de loita e resulta necesario unha batalla social para facerlles fronte posto que a Xunta de Galiza pode paralizar a posta en marcha desta resolución do Ministerio de Sanidade se ben a decisión que anunciou estes días Feixó é de proceder a aplicar a medida en decembro. “ Sexa como sexa” indicou Estoa “ a nosa decisión é que ese 10% ate un máximo dun 4,20 por medicamentos que lle correspondería abonar aos particulares procedería a cubrilo ao Concello regulando os termos desa achega, que responde a vontade de seguir garantindo a universalidade da sanidade, mediante dunha ordenanza fiscal á que se poderán acoller todas aquelas persoas que leven residindo máis de seis meses en Riotorto. O Concello cubrirá a totalidade dos veciños con independencia da súa renda ou o prezo
da medicación poida quedar sen o seu tratamento. Gobernar significa optar na xestión dos fondos públicos priorizando as liñas de gasto, e entre a defensa dun servizo sanitario público e gratuíto e rozar unha camiño nos non temos ningunha dúbida.Non teño a máis mínima dúbida que o copago que pretende impor Feixó non é por razóns técnicas senón ideolóxicas”.
O Alcalde nacionalista reflexionou que “esta decisión non se xustifica mesmo desde a perspectiva do aforro para os orzamentos públicos, algo que recoñeceu o presidente da Xunta, o problema está en que o presidente da Xunta está nunha cruzada contra a sanidade pública e tanto lle ten que por razóns económicas unha persoa poida morrer. En definitiva este señor non ten corazón porque o corazón por algo está na esquerda. Agora ben decisións deste tipo tamén obrigan a redefinir as funcións prácticas e para o que estamos os Concellos, xa que en situacións como estas non somos quen de darlle resposta aos problemas reais dos nosos veciños que cada vez aparecen máis vinculados a decisión que sobardan o marco local efectivamente ai si é mellor marchar e fechar a porta da Casa consistorial. Non hai posibilidade de mellorar o presente, de dotar aos nosos veciños duns estándares mínimos de calidade de vida se non somos quen de enfrontar a axenda da Xunta que é a mesma que ao do capital. Nos non temos dúbida toca converter aos Concellos en autenticas trincheiras contra a ofensiva do capital e nese sentido agardamos que a esta medida que imos implementar se sumen o resto dos Concellos galegos. Efectivamente agora toca dar a batalla para parar esta decisión pero nun segundo momento debemos ser nos quen saiamos en rescate do pobo, porque isto non é máis que unha cuestión de vontade e de opción ideolóxica. E nos en Riotorto témolo claro porque facemos o que dicimos e dicimos o que facemos”.



















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



