4 de outubro de 2013.- A portavoz do Partido Popular de Mondoñedo, Elena Candia, resalta que a resposta do Secretario Xeral de Infraestruturas á pregunta plantexada polo BNG garante a achega económica do goberno Central para darlle unha solución aos problemas das inundacións que sofren veciños de Mondoñedo dado aos trastornos ocasionados polas obras na Autovía do Cantábrico ao seu paso polo municipio.
A popular fixo estas declaracións logo da nota de prensa enviada polo Bloque Nacionalista Galego e na que, segundo a popular, se manifesta unha clara intención de “retorcer” a información e de xerar intranquilidade entre os afectados.
Elena Candia explica que o que está claro neste momento é o compromiso de Fomento para achegar a axuda económica que evitará estas inundacións independentemente de se vai con cargo a unha partida concreta ou á de conservación. Neste senso, a popular matiza que esta partida de conservación de estradas conta cunha dotación de 14,51 millóns de euros nos Presupostos Xerais do Estado para o 2014.
Elena Candia agarda que o BNG estea satisfeito coa resposta do Secretario Xeral de Infraestruturas na que se garante esta achega económica e que, segundo así cita a propia nota dos nacionalistas, este proxecto para solucionar as escorrentías en Mondoñedo “financiarase con cargo ao orzamento de conservación”.
“Confiamos en que o BNG estea contento con que o goberno Central recolla nos orzamentos de 2014, -independentemente da partida-, a solución que demandan os veciños de distintas parroquias de Mondoñedo, que se lle inundan as súas casas e colleitas en días de choiva debido ás obras desta infraestrutura.
Traballo conxunto
Candia, que censura a actitude do BNG, defende que é o momento de traballar xuntos para que a A8 que tantos problemas ocasionou aos veciños de Mondoñedo, quede ben rematada. Neste senso, a portavoz reitera o compromiso popular para que esta situación se solvente e o resto significa perder tempo para traballar neste senso.
Desta maneira, Candia censura a “mala intención” que se evidencia na nota emitida polos nacionalistas, cun titular que “non reflexa a verdade” e que só “logra crear inseguridade”; ao tempo que lamenta que esta sexa a maneira de facer política dos nacionalistas “confundindo aos cidadáns”.
A popular agradece unha vez máis a boa disposición e o compromiso do goberno Central e en concreto do departamento que dirixe Ana Pastor, que a maiores nos orzamentos xerais do Estado para 2014 contempla as partidas orzamentarias para liquidar os contratos das obras da Autovía A-8 entre Careira e Mondoñedo.