A Asociación de Emigrantes Retornados da Mariña ten convocado unha nova xuntanza que se celebrará o venres 11 de Outubro ás 20:00 h no Salón de Actos do CENIMA de Foz a fin de informar dos últimos acontecementos que se teñen dado en relación coa nosa problemática e demandas así como dos próximos pasos a dar para conseguir os nosos obxectivos.
Neste sentido queremos comunicarte que a día de hoxe a situación está dando un xiro importante, posto que a día de hoxe existen xa catro sentencias de cinco que se teñen ditado por parte do TSXG que dan a razón aos emigrantes e que os liberan de tributar polas rendas do estranxeiro. Se ben non estamos diante dun acto xudicial firme, haberá que agardar ao que determine o Supremo, tratase dun moi boa nova, polo que contaremos na Asemblea cun xurista que explicará o contido da mesma.
Os convenios internacionais no ámbito dos Estados da OCDE que regulan a dobre imposición das persoas físicas, isto é, que tentan evitar que as rendas dunha mesma persoa tributen ao mesmo tempo en distintos Estados. Para iso, o principio xeral é o de tributación no lugar de residencia, con independencia da orixe das rendas. Dese xeito un residente en Galiza, debe tributar aquí, como principio xeral, pola totalidade dos ingresos que obtén, aínda que unha parte sexan xerados ou teñan orixe noutros territorios. O modelo máis estendido de Convenio Internacional sobre dobre imposición, patrocinado pola OCDE, establece como excepción as pensións ou rendas públicas (“pagadas por ou con cargo a fondos creados por un Estado contratante”), fican exentas de tributar no Estado de residencia da persoa que as percibe. Isto é un acordo convencional entre os Estados que asinaron o Convenio Internacional, e que na súa normativa interna, e na aplicación da mesma, deben respectar como partitura única sen posibilidade de variacións. Neste sentido non debe de sorprendernos que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza xa se pronunciou en varias ocasións, dando a razón dun xeito abrumador ás persoas que perciben pensións desde o estranxeiro, considerando que son ingresos públicos exentos de tributación. En concreto, nos repertorios de xurisprudencia hai 5 sentenzas ao seu favor, por 1 en contra, sendo que a máis recente admite a exención.
A Asociación de Emigrantes Retornados da Mariña vai saír da reunión cun Plano de Traballo tanto a nivel local e comarcal da Mariña, como dos actos que ten fixados a nivel galego pola Plataforma que remata de constituírse cun número importantes de colectivos e da que nos formamos parte. Neste sentido debemos reparar no novo escenario que se abre para a loita coas últimas decisión xudiciais, xa que abren unha nova fronte de loita que debe ser reforzado pola mobilización social, a fin de presionar e facer efectiva unha resolución xusta. Son tempos de loita, de seguir sumando apoios e de manternos unidos, xa que este vai ser o camiño para obrigar ao goberno do Estado e de xeito moi particular a Facenda a mudar de posición paralizando as sancións e definindo un mesmo modelo de tributación para os emigrantes con independencia da orixe das rendas das súas pensións. Xa só nos queda solicitarvos que fagades extensíbel esta convocatoria a todos os emigrantes retornados que coñecedes e que os convidedes a esta reunión, reunión que volverá a ser aberta como todas as que mantivemos até hoxe e que parte da consideración de que a grande maioría dos afectados por esta medida descoñecen a súa situación procedimental até o punto de saber das súas obrigas tributarias.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



