A segunda tirada da XXV Tirada de Bolos Concello de Xove correspondente á pista rápida do Club Palmeiro celebrouse o sábado 12 de outubro nunha tarde espléndida con excelente participación nas tres categorías: 37 persoas (9 na Liga Sénior, 9 na Liga sub 18 e 19 na Liga Feminina).
Liga Sénior Masculina
Excelente a tirada de Sócrates Campo con máis de 300 tantos, o que lle permite acadar a segunda posición na táboa, a cal está encabezada por un dos máximos favoritos, José Rafael González con 19 puntos, grazas ao terceiro posto de Palmeiro. Altos tanteos acadados nesta tirada, debidos por unha banda á superficie da bolera (asfalto), e por outra ao excelente estado de forma da maioría dos xogadores, que non notaron o parón estival. Por agora pouco máis podemos dicir da clasificación, só que algúns dos principais favoritos van collendo posicións par estar ben situados na competición e non quedar descolgados ás primeiras de cambio.
Votamos en falta nos postos de cabeza a César Cancelos, un dos animadores da pasada tempada e que neste intre pecha a clasificación cun só punto. Tampouco puntuou o actual campión, que nesta temporada aínda non comezou a competición.
Liga Sénior Feminina
Segunda victoria consecutiva de Dolores Baño, sumando tamén á mellor bolada, liderando de forma destacada a competición con 13 puntos. Segunda Salomé Bermúdez con 8 puntos, seguindo a estela da líder. Terceira e cuarta respectivamente, temos a Belén Meitín con 6 puntos e a Concepción Piñeiro con 5.
Liga Sub 18
Victoria dunha enrabietada Salomé Cardoso, quen dende a primeira bolada saiu a por todas; esta victoria permítelle encabezar a Liga, e segundo nós confirmou vai ir a tope para conseguir a victoria final nesta súa derradeira temporada na categoría, xa que para o ano pasará á Liga Sénior. Temos que dicir, e á vista están os tanteos acadados diariamente por esta xogadora, que Salomé ten na actualidade un nivel que lle permitiría codearse coas mellores xogadoras da categoría absoluta. Segundo na clasificación temos ao irmán mellizo de Salomé, Isaías Cardoso, para quen tamén é a última temporada na categoría e a última oportunidade de vencer nesta categoría. Terceira posición para o actual campión Daniel López, quen sen dúbida, vai estar entre os mellores.
Contamos este ano, e esperemos que non se desanimen, con dous prometedores xogadores, un pouco máis novos que os anteriores; pero que contan cunha excelente proxección: Daniel Alonso e Miguel López, sendo esta a súa primeira tempada.
A vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE SAN ISIDORO DE MONTE, o vindeiro sábado 19 de outubro de 2013.
CAMPIONATO DE BOLOS DO CLUB PALMEIRO ( 12 OUTUBRO 2013) 37 INSCRITOS: 9 NA LIGA SENIOR, 9 NA LIGA SUB 18 E 19 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 322 | 12 |
SEGUNDO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 291 | 10 |
TERCEIRO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 291 | 8 |
CUARTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 291 | 7 |
QUINTO | ALEX MEITÍN SERANTES | 278 | 6 |
SEXTO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 275 | 5 |
SÉTIMO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 275 | 4 |
OITAVO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 266 | 3 |
NOVENO | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 262 | 2 |
DÉCIMO | JOSE VIGO LAGE | 247 | 1 |
MELLOR BOLADA | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 91 | 1 |
LIGA SUB 18 | |||
PRMEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 188 | 6 |
SEGUNDO | DANIEL ALONSO LÓPEZ | 174 | 4 |
TERCEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 137 | 3 |
CUARTO | ISAÍAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 128 | 2 |
QUINTO | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO | 90 | 1 |
MELLOR BOLADA | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 64 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | DOLORES BAÑO FRAGA | 180 | 6 |
SEGUNDO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 160 | 4 |
TERCEIRO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 134 | 3 |
CUARTO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 112 | 2 |
QUINTO | PAULA CAMPO SUÁREZ | 105 | 1 |
MELLOR BOLADA | DOLORES BAÑO FRAGA | 65 | 1 |