Foz, 4 de xullo de 2025. O Concello de Foz anuncia que o verán no municipio “concentra actividades de todo tipo e este ano as noites tamén terán contido para que rapaces e rapazas teñan alternativas para desfrutar. Estas actividades do programa Noites Alternativas desenvólvense a partir das dez da noite para mozos de 10 anos en diante”.
As Noites comezarán a vindeira semana, co fútbol sala 3×3 no Campo da Cabana, os días 7, 9 e 10 de xullo. O 28 e 29 será a quenda do lasertag. O wipeout será o 4, 6 e 7 de agosto. As seguintes actividades trasladaranse á praia da Rapadoira: os días 11, 12 e 13 de agosto haberá volei praia e o 18, 20 e 21 de agosto, fútbol praia; para rematar o 25, 27 e 28 co baloncesto 3×3 de novo no polideportivo do Campo da Cabana.
“Son deportes moi demandados e este ano incluímos como novidade o lasertag, un xogo moi divertido para manter a atención sempre alerta”, explica o concelleiro de Xuventude, Ángel Fernández Neira, que engade: “as inscricións deberanse facer no correo asnoites@concellodefoz.es e sempre ata ás 00.00 horas do día anterior ao inicio da actividade. Toda a información e os formularios están na web do Concello de Foz (www.concellodefoz.gal). Para calquera dúbida pódese chamar ao teléfono 982.133.037”.
E o alcalde de Foz, Fran Cajoto, anima “a anotarse nas Noites Alternativas xa que as rapazas e rapaces están de vacacións e é momento de desfrutalas con actividades divertidas que ademais fomentan a realización de exercicio físico, a creación de vínculos e un ocio saudable moi necesario”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



