Cervo, 17 de outubro de 2013- A segunda edición do Mes da Maxia na Mariña Lucense arrinca esta fin de semana. No caso de Cervo, son tres os restaurantes que participan ofrecendo menús máxicos, que inclúen ceas especiais amenizadas con espectáculos a cargo de magos tan coñecidos como o Mago Rafa e o Mago Teto.
Precisamente estes dous profesionais da maxia estiveron este xoves en San Cibrao ofrecendo sesións de trucos na rúa, aproveitando o mercado semanal da vila, co obxectivo de facer visible esta iniciativa e espertar o interese do público en acudir ás ceas. Ao mesmo tempo, aproveitaron para dar información sobre o Mes da Maxia. “Sacar la magia a la calle y ofrecer un anticipo de lo que pueden ver en las cenas es una forma muy atractiva de llamar la atención sobre esta iniciativa y de invitar a la gente a participar” explica a edil de Turismo, Begoña Alonso.
En concreto, os menús máxicos poderanse degustar nos restaurantes O Noso Lar, en San Cibrao (este sábado, 19 de outubro), coa maxia do Mago Teto; O Almacén, en Cervo (25 de outubro) tamén co Mago Teto; e Buenavista, en San Cibrao (31 de outubro) co Mago Rafa. O calendario completo e a oferta gastronómica de cada xornada pódese consultar na páxina web http://www.mesdamaxia.com/
Estes tres locais de restauración repiten experiencia, xa que tamén participaran o ano pasado, algo que destaca a edil de Turismo: “Es un buen síntoma del éxito de esta iniciativa que los restaurantes de la primera edición se sumen e impliquen de nuevo en el Mes da Maxia”.
Alonso non esquece que esta iniciativa é unha “apuesta por desestacionalizar el turismo a través de una iniciativa alternativa y original” e que consegue ademais “dinamizar el sector hostelero recurriendo a eventos con un valor añadido, como es combinar en una misma actividad la rica gastronomía local con el entretenimiento de la magia”. Por iso, o Concello de Cervo colabora un ano máis na súa difusión e promoción.
O Mes da Maxia é un proxecto de promoción turística posto en marcha a través do convenio asinado entre a Secretaría Xeral de Turismo e a Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense e que o ano pasado obtivo o recoñecemento do Instituto Tecnológico Hotelero como un dos once proxectos turísticos máis innovadores de España.