Carlos López Font cuestiona a xestión “opaca, ineficaz e máis preocupada pola propaganda que pola realidade” por parte do PP e reivindica unha economía do mar “sostible, baseada no coñecemento, na innovación e o respecto ao medio mariño
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2025. O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Carlos López Font, acusou hoxe á Consellería do Mar de presentar a Estratexia da economía azul “sen credibilidade nin ambición real”. Font trasladou o seu escepticismo na comparecencia da secretaria xeral técnica que tivo lugar na Comisión de Pesca do Parlamento, á que acusou de presentar un “slogan sen políticas públicas serias, sen protección ambiental efectiva nin apoio aos produtores locais”.
Font reivindicou un modelo “sostible, baseado no coñecemento, na innovación e no respecto ao medio mariño, cunha visión a longo prazo e centrada nas persoas”, e esixiulle á Xunta que “deixe de lado medidas populistas para aplicar políticas estruturais cun impacto real no territorio”. Reclamou por exemplo que cumpran a iniciativa socialista aprobada en febreiro deste ano para que os comedores escolares utilicen produtos de proximidade, sinaladamente peixe de cerco.
Polo contrario, sinalou que o goberno galego presenta medidas “superficiais e electoralistas” como o chamado Bono Peixe, que fomenta o consumo indiscriminado sen diferenciar produtos de proximidade e outros “de orixe dubidosa”. Criticou o modelo de xestión “opaco, ineficaz e máis preocupado pola propaganda que pola realidade”, desaproveitando a “oportunidade histórica para facer do mar galego un verdadeiro motor de desenvolvemento sostible”.
O responsable socialista defendeu prácticas sostibles que equilibren a actividade económica coa protección dos ecosistemas mariños, mellorando a calidade de vida das comunidades costeiras. Cuestionou neste sentido a proposta do PP dende o goberno galego, sinaladamente logo dunha xestión caracterizada pola baixa execución orzamentaria, o desleixo diante do colapso ambiental das rías e a desprotección do sector diante da caída da produción marisqueira.
Lei de Costas
Carlos López Font trasladou as dúbidas do Grupo Socialista diante da xestión da Lei de Costas a partir da entrada en vigor da transferencia de competencias a favor da Xunta, que entra en vigor hoxe mesmo. Advertiu fronte á “permisividade e descontrol” da Xunta en materia urbanística e de ordenación do litoral, no que “favorece intereses especulativos e actividades contaminantes”.
Ademais, o responsable socialista advertiu que o goberno galego asume esta nova competencia sen garantías de que se respecte o principio de conservación do dominio público marítimo – terrestre, nin prevé un reforzo da inspección e control ambiental.





















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



