Rosana Pérez denunciou o bloqueo do decreto de artes e aparellos e reclama a implicación real do sector na elaboración das novas normas
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2025. A deputada do Bloque Nacionalista Galego, Rosana Pérez, reclamou este martes na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo do Parlamento galego que a Xunta poña fin á parálise da reforma normativa no sector pesqueiro, unha demanda histórica do BNG como do propio sector do mar. Pérez lembrou que, malia que o Consello da Xunta deu conta en xullo de 2024 dun informe que anunciaba unha “profunda reforma” da normativa pesqueira —incluíndo seis decretos e nove ordes—, un ano despois non se coñecen avances significativos nin prazos concretos.
“Non sabemos se están realmente traballando nesa reforma ou se quedou, coma outras veces, nun simple anuncio para a galería”, advertiu a deputada nacionalista, quen puxo o foco especialmente no Decreto 15/2011 de Artes e Aparellos, un texto clave para a ordenación do sector que leva máis de catorce anos sen actualizarse, a pesar das reiteradas demandas das confrarías e dos profesionais do mar.
Pérez tamén denunciou o malestar expresado publicamente pola Federación de Confrarías de Pontevedra pola falta de diálogo coa Consellería do Mar e cuestionou que se estea contando de forma efectiva coa participación do sector neste proceso. “É fundamental que esta reforma non se faga de costas ao sector, porque son eles os que mellor coñecen as necesidades e as deficiencias da normativa actual”, subliñou.
A deputada do BNG insistiu na urxencia de simplificar e racionalizar a actual normativa, marcada pola hiperregulación e a dispersión normativa, pero advertiu que esta simplificación “non pode supoñer unha rebaixa nos estándares de protección nin para o ecosistema mariño nin para os dereitos dos traballadores e traballadoras do mar”.
Por último, Pérez exixiu ao goberno galego que concrete en que fase se atopa esta reforma, cando se prevé que estea finalizada e como se está garantindo unha participación efectiva do sector pesqueiro no proceso. “O sector leva moitos anos esperando e xa non admite máis demoras”, concluíu.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



