O PP de Viveiro convida a afiliados e simpatizantes a participar na Pulpada Popular que se celebrará o vindeiro sábado 19 de outubro no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo con motivo do San Froilán. Os populares recordan que a tradicional pulpada contará coa presenza do Presidente Autonómico, Alberto Núñez Feijóo; e manifestan que “es muy importante hacer un esfuerzo por estar en este almuerzo en compañía de nuestros afiliados y simpatizantes de toda la provincia”. Para asistir é preciso retirar a tarxeta, por un prezo de 25 euros, na sede do PP de Viveiro na rúa Rego das flores, nº9, entrechán 1ª porta ou chamando aos teléfonos 982 55 10 28 e 629 81 31 97. Haberá servizo de autobúses dende a Estación de Autobuses de Viveiro con saída ás 11.30 horas.
Pulpada Popular en Lugo
Pulpada Popular en Lugo
Relacionado
-
O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, na inauguración do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional