A Asociación de Comerciantes (Acia-Foz) que preside Xosé Carlos Paleo ven desenvolvendo un laudable labor a prol da promoción do comercio tradicional valéndose dos resortes que baseados nos alicientes gastronómicos, festivos, lúdicos ou culturais, poden resultar de interese para o común dos cidadáns. Neste senso anúnciase para datas vindeiras unha iniciativa pola que o cronista felicita ós promotores: trátase de algo tan sinxelo como é a visita a San Martiño; o desprazamento e retorno en autocar coa compaña dunha guía que asesorará ós participantes sobre a historia do cenobio; dos valores arquitectónicos e artísticos; da tradición como hospital de peregrinos; de cómo a piques estivo de ser derrubado e cómo se evitou; das nominacións dc monumento nacional, Bic ou Basílica..Trátase, pois, dunha visita didáctica que permita a propios e estranos un coñecemento mais amplo da realidade e o significado cultural do que è o maior activo que os focegos temos neste eido e do que debemos sentirnos ledos e amantes e, polo tanto, defendelo e salvagardalo das agresións, veñan de onde queira. Pero a verdade axiomática é que non pode amarse o que non se coñece; cando os valores se ignoran ocurre que non se albisca a trascendencia que tenen, por exemplo, para a faceta económica que representa o turismo, atraído cada vez mais polos feitos culturais.Posiblemente numerosos focegos só saiban da importancia de San Martiño por oídas; das populares lendas ou da anual romería do Bispo Santo; ésta que ofrece ACIA-Foz é unha oportunidade atractiva, sen esforzo nen dedicación, para profundar nel e mellorar a bagaxe de coñecemento referido ó mesmo. Só a falta del pode dar creto á agresión que hai uns anos se cometeo coas obras dos retretes no seu entorno; actuación á que niguén puxo reparo e que dende o concello se defendeo a capa e espada,,.incrible! A excepción fora a Asociación de Vecjños da parroquia que se opuxo, presentando un proxecto alternativo respetuoso coas vetustas pedras, das que Cunqueiro dixera que “parecen labradas por mans imposibles”…
Suso Fernández

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



