Foz, 26 de xullo, 2026. A XXIX edición das Xornadas de Historia de Foz arranca o luns 27 de xullo ás 20.30 horas cunha palestra da escritora e xornalista Montse Fajardo titulada “A represión franquista sobre as mulleres”. Fajardo é autora dunha ampla bibliografía sobre a represión de xénero na Galiza, sendo unha das pioneiras nestes estudos. Nesta dirección., é autora de libros como Matriarcas, mulleres en pé de vida, Un cesto de mazás, memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu, Invisibles, A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira ou Caídas: achegamento ao ‘Patronato de Protección a la Mujer’ en Galicia.
Fajardo abordará os diferentes tipos de represión padecidos polas mulleres na Galiza, algunhas deles de carácter específico. Neste sentido, achegarase a historia daquelas que foron asasinadas, encarceradas ou remataron no exilio mais tamén a tipoloxías de represión exclusivas para a as mulleres como a rapa, a inxestión de aceite de rícino, a tatuaxe, ou a violación, co agravante de que, mentres que nos homes se perseguiu o que se consideraba delito, nas mulleres castigáronse tamén as actitudes que chocaban cos valores e a moral imposta polo réxime.
A escritora e xornalista destaca que “as mulleres non só se viron afectadas polos mesmos tipos de represión que os homes -foron asasinadas, encarceradas, depuradas ou sufriron o exilio- senón que, ademais, o fascismo ideou para elas castigos de índole especialmente machista como a rapa, a inxestión de aceite de rícino, a tatuaxe, ou a violación, co agravante de que, mentres que nos homes se perseguiu o que se consideraba delito, nas mulleres castigouse tamén o “pecado”, calquera actitude que se saíse do abafante corsé franquista, cinguido pola misóxina visión da Igrexa. Iso levou a moitas mozas a acabar recluídas en institucións relixiosas a través do temido Patronato de Protección a la mujer, vixente ata mediados dos anos 80.
O asasinato de María del Carmen Pérez praia da Areoura en Cangas
Fajardo recuperará na palestra historias concretas de mulleres que padeceron a represión franquista. Unha delas é a de María del Carmen Pérez García, cuxo cadáver mutilado apareceu o 5 de outubro de 1936 na praia de Areoura, en Cangas de Foz. Pérez García, natural da parroquia de Vigo, en Navia (Asturias), correu a mesma morte que o seu irmán José, un rico propietario que fixo fortuna en América que mantivo unha posición progresista durante o período republicano e que resultou asasinado neses mesmos días de outubro de 1936 na tristemente celebre Ponte de Pedrido, entre os concellos da Pontenova de San Tirso de Abres.
María del Carmen Pérez García e o seu irmán foron asasinados polas milicias falanxistas. Porén, a primeira moi mal ferida logrou fuxir da Ponte de Pedrido e agocharse nunha casa de Vilaformán en Trabada, mais os propietarios da mesma optaron por entregala de novo aos fascistas que remataron por executala de xeito definitivo na praia canguesa de Areoura.
Palestra e concerto de Mini Rivas
As xornadas continúan o martes 28 de xullo ás 20.30 cunha palestra e un concerto do músico Mini Rivas, que versará sobre a música represaliada e resistente durante a ditadura. Mini Rivas é un dos músicos galegos máis recoñecidos e coñecidos das últimas cinco década, sendo a mediados dos anos 70 foi un dos fundadores do mítico grupo Fuxan os Ventos, participando na década seguinte na creación do grupo A Quenlla e conformando xa no século XXI un dúo con outro integrantes destas dúas formacións Mero Iglesias. Rivas, á súa condición de músico, suma o seu labor como estudoso e investigador da tradición musical galega.






















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



