Ribadeo, 23 de xullo de 2026. O grupo ribadense de percusión Calabash retoma a actividade despois de oito anos para ofrecer un concerto en Ribadeo o día 31 de xullo, venres. Será ás 22:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval.
O responsable de Calabash é o profesor da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo Marcos Rodríguez Rodríguez, que anuncia: “Calabash é un grupo formado por persoas que estudaron e estudan na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. Despois de oito anos sen actuar, decidimos retomar este proxecto, con moitísima ilusión e con moitas ganas de volver compartir a nosa música co público. Este concerto queremos dedícalo en primeiro lugar a todos os pais e nais porque son a peza fundamental para que proxectos como este saian adiante, polo seu apoio, a súa paciencia e o seu ánimo constante. Estou seguro de que moitos estarán acompañándonos no auditorio. Para aqueles que xa non poden estar connosco queremos ter tamén un recordo moi especial. Dende onde estean seguro que sentirán orgullo de ver os seus fillos e fillas formando parte desta aventura. A todos eles vai dedicada esta noite”.
Marcos Rodríguez engade: “tamén quero facer unha dedicatoria moi persoal. Este ano cúmprense 25 do falecemento de Hernán Naval, que para min foi o meu pai musical. Del aprendín moitísimo e dalgún xeito Calabash tamén nace da semente que el plantou cos concertos que facíamos nas Catro Calles coa agrupación de percusión da Banda Municipal de Ribadeo, onde tiven a sorte de participar xunto con outros compañeiros. Se hoxe existe este grupo, Calabash, unha parte importante débese á ilusión que Hernán soubo transmitirnos hai xa moitos anos. Por iso este concerto vai tamén dedicado á súa memoria, con todo o meu cariño e agradecemento”.
Ademais o responsable de Calabash explica que este grupo “non é unha batucada, como ás veces se pensa cando se fala dos grupos de percusión.
Somos un grupo de percusión melódica, no que empregamos instrumentos como marimbas, vibráfonos e xilófonos para interpretar música de estilos moi variados. De feito neste concerto haberá temas de rock, soul, funk e pop latino, ademais dalgúns clásicos, que sempre nos acompañan e que tanto gustan o público, como Oye como va ou a Lambada. Para min é unha enorme satisfacción volver reunir a este grupo. Como se adoita dicir, non están todos os que son pero si son todos os que están. Ademais por primeira vez estarán representadas as cinco xeracións que tivo Calabash ao longo da súa pequena historia, algo que fai que este reencontro sexa aínda máis especial. Tamén haberá algunha sorpresa porque contaremos coa colaboración dunha agrupación moi coñecida en Ribadeo que este ano está de aniversario; non queremos desvelar o seu nome para manter a sorpresa, pero será sen dúbida un momento moi bonito. Ademais outros compañeiros da Escola Municipal de Música e Danza quixeron sumarse tamén a este proxecto. Este concerto será tamén o inicio dunha celebración moi especial para min: o vindeiro curso cumprirei 30 anos como profesor da Escola Municipal e tiven a inmensa fortuna de coñecer a centos de alumnos e alumnas e de velos medrar como músicos e como persoas. Pero o máis fermoso é comprobar que moitos deles co paso do tempo convertéronse tamén en amigos. Compartir agora escenario con eles é un dos maiores orgullos que me deu esta profesión”.
“Só me queda darvos as grazas de antemán polo voso apoio e convidarvos a acompañarnos nesta noite tan especial. Agardámosvos o venres 31 ás dez e media da noite no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo. Será un auténtico pracer compartir con todos vós a volta aos escenarios de Calabash”, remata Marcos Rodríguez.


























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



