O pronunciamento histórico do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) constitúe a máis brutal emenda á totalidade a respecto da arquitectura xudicial do Estado español dende o comezo do conflito catalán. Cando Luxemburgo dita, con claridade meridiana, que a Lei de Amnistía non vulnera un só milímetro do Dereito europeo, o que está a facer é desmontar de raíz a estratexia da sabotaxe institucional deseñada dende as terminais do españolismo. O TXUE non só valida a norma legal emanada do Congreso dos Deputados, senón que recoñece de xeito explícito a necesidade dunha restauración-ou sanación- política, para lle dar canle aos graves conflitos institucionais que xerou a represión xudicial española do procès. É dicir, recoñece a previa existencia dun lawfare de manual, como ten dito o profesor e avogado catalán Jaume Alonso-Cuevillas (UB). Este recoñecemento do cumio xudicial europeo pon o foco na incualificábel ofensiva xudicial que os líderes independentistas sufriron e seguen a sufrir a mans dun sector da maxistratura colleita polo activismo político do españolismo de dereitas.
A contundencia dos argumentos xurídicos do TXUE destruíu os tres grandes valados que o españolismo xudicial tentaba exportar á Europa. Luxemburgo determina que: i) non hai terrorismo sen violacións graves de dereitos humanos, polo que os feitos de 2017, 2018 e 2019 son totalmente amnistiábeis, ii) os intereses financeiros da Unión Europea (UE) non foron danados por ningunha actuación do procés e iii) a lei da amnistía axústase aos principios de igualdade e seguridade xurídica.
Diante deste ditame inapelábel a persistencia no rexeitamento por parte da Sala do Penal do Tribunal Supremo (TS), da Audiencia Nacional e do Tribunal de Contas deixa de ser unha lexítima discrepancia interpretativa para se ubicar, con perigosa claridade, na linde mesma-cando non cun pe dentro- da prevaricación xudicial. Cando o TS teima-malia o nidio pronunciamento do TXUE- na existencia dun “enriquecemento patrimonial persoal” para non aplicar a lei de amnistía a Carles Puigdemont e aos consellers exiliados non está a facer xustiza, senon a falsear arbitrariamente o Dereito para fabricar unha impunidade executiva coa que soster os seus propios prexuízos políticos. O mesmo cómpre dicir das orquestradas manobras de dilación do Tribunal de Contas, convertido nun órgano de vinganza patrimonial e persecución financeira civil á marxe das garantías constitucionais, non só contra o president Puigdemont e os seus consellers e conselleras senón contra o president Màs e os membros do seu goberno, a vicepresidenta Ortega, ao conseller Homs e á consellera Rigau.
Esta rebeldía institucional fronte á primacía do Dereito Europeo pon en risco directo a lexitimidade internacional de todo o sistema xudicial español. Velaí que o Tribunal Constitucional (TC) non poida seguir ollando cara outro lado. A gravidade da situación esixe que actúe con urxencia máxima e de xeito inmediato. Non hai escusa que valla e moito menos as ferías do verán. O TC, mesmo a medio da súa Sala de Vacacións, ten a obriga constitucional e cidadá de se xuntar con urxencia para prover a rápida decisión dos recursos de amparo pendentes e, na xusta medida que cumpra e consonte coa situación obxectiva dos recorrentes, decidir a suspensión cautelarísima de todas as medidas restritivas da liberdade-ordes de detención estatais- que aínda penduran sobre o president Puigdemont e o resto de exiliados. Cada día que decorre coa ameaza de que Carles Puigdemont sexa detido ilegalmente por orde do TS é un día máis de desacato á xurisprudencia vinculante do TXUE e de burla ás institucións democráticas.
O balance final deste percorrido é a constatación dunha moi grave derrota do Estado de Dereito español no escenario internacional. Durante anos, as estruturas máis ríxidas do poder españolista creron que o principio da sagrada unidade do Estado ficaba por riba dos dereitos civís e da propia separación de poderes, confundindo o Dereito coa forza do aparello estatal. O TXUE ven de lles lembrar que na UE a obediencia ao Dereito non é negociábel diante das pulsións dese españolismo que-malia todo- aínda coloniza o deep state.
A estratexia de usar a toga para corrixir a soberanía do lexislativo e anular unha amnistía esixida por elementais razóns de convivencia política diante da agresion do lawfare, fracasou de xeito moi evidente. E Catalunya venceu á intimidación trampulleira.
Pola nosa banda, Galicia ha aprender que o Dereito Europeo é un grande balado dos nosos dereitos nacionais fronte ás poutas do centralismo máis asimilador e autoritario.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



