A Asociación Atalaia invítaos a participar o vindeiro día 24 de outubro ás 17:00 horas no antigo lavadoiro da rúa Hornos de Ribadeo á ‘Tertulia de Otoño’. Este ano o tema a tratar será o Cómic, sendo o noso convidado o mozo guionista e ilustrador Kike J. Díaz. Agardamos a súa asistencia á tertulia en apoio aos nosos novos valores. Tamén invitamos aos veciños e veciñas ao paseo, en memoria do debuxante e guionista Suso Peña, que terá lugar o xoves 31 de outubro. Sairemos ás 17:00 horas sendo o lugar de partida fronte á casa que habitou durante moitos anos na Fonte Nova.
Tertulia sobre o cómic en Ribadeo
Tertulia sobre o cómic en Ribadeo
Relacionado
-
O vindeiro luns, 30 de xuño, dará comezo a décimo segunda edición da Escola de Minitalentos, que organiza Academia A Mariña para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos
-
Visita do alumnado do obradoiro “Terra do Ortegal II” a ASPROMOR
-
Unha muller faleceu tras ser alcanzada por un tren nun paso a nivel en Rábade