Ribadeo, 24 de outubro de 2013. As festas gastronómicas dedicadas ao mexillón e ao bígaro, que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) de Ribadeo, desenvolveranse en 33 establecementos hostaleiros do municipio. Celebraranse esta fin de semana, dende o venres 25 ata o domingo 27.
Os locais onde se poderán degustar mexillóns e bígaros en diferentes preparacións son: Restaurante O Cabazo, Parador de Turismo de Ribadeo, Mesón Bar O Trasmallo, Hotel Gastronómico La Balastrera, Cafetería Mediante, Restaurante Oviedo Bar II (Rolle), O Bodegón, Restaurante A Dorada do Cantábrico, Restaurante La Solana, Bar A Ribeira, Casa Dios, Cervecería Raxería Pizzbur, Mesón Pulpería O Forno, Bar Queimada, Mesón O Lar de Manolo, La Botellería, Cafetería Delicias, Mesón A Baixada, Cafetería La Lira, Cafetería La Bugalla, Hotel Restaurante Voar, Mesón O Alén, Restaurante O Tumbín, Restaurante Sapore, Restaurante Marinero, Restaurante Costa Verde, Restaurante La Villa, Mesón Compostela, Restaurante San Miguel, Café Pub O Valeco, Asador La Quinta, El Rincón del Gordo y Restaurante La Cofradía de Rinlo.
No caso do mexillón poderanse degustar tapas elaboradas con este molusco desde 0’50 euros e tamén racións desde 4 euros. Polo que se refire aos bígaros trátase dunha degustación gratuíta a que farán os bares, mesóns e restaurantes participantes.
Para a organización da festa do mexillón Acisa Ribadeo conta coa colaboración da confraría de pescadores de Ribadeo e para a festa do bígaro tamén coa confraría de pescadores ribadense e co Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal, a Xunta, o Fondo Europeo de Pesca e o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.




















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



