Madrid, 17 de outubro de 2013.- O senador socialista por Lugo, Ricardo Varela, pregunta ao Goberno, tras as sorprendentes declaracións da Vicepresidenta, se esa coincidencia nas cifras entre o medio millón de “defraudadores” e o medio millón de “desaparecidos” indica que o Executivo Central borrou do rexistro de parados a ese colectivo e que por esa razón se produce ese inexplicable desfase de datos nunca visto ata agora na historia das series estadísticas de ambas variables.
Proba diso, asegura, é que os datos oficiais do SEPE e da Seguridad Social, indican claramente un desfase de medio millón de persoas entre a caída da afiliación á Seguridad Social e o aumento do paro rexistrado no último ano, de modo que “milagrosamente” o incremento do paro supuxo escasamente o 3% da caída de afiliación no mesmo período.
Datos concretos que proban dito desfase
Ricardo Varela recorda así que xa na súa intervención, enmarcada no debate dunha moción consecuencia de Interpelación de Entesa sobre a reforma do mercado laboral, explicou detalladamente a evolución da afiliación á Seguridad Social, entre setembro de 2012 e o mesmo mes de 2013, producíndose unha caída de 553.342 cotizantes, é dicir, ocupados que deixaron de selo, e no mesmo período o número de persoas que perderon o seu emprego segundo o paro rexistrado é de 19.076, “algo absolutamente incríble cando non ridículo”.
O parlamentario do PSOE denuncia que dende setembro do ano pasado, cando o Goberno empeza a actuar e manipular, sobre os datos do paro rexistrado, *(cadro 1) a variación do paro interanual que se situaba no 11’98% de incremento, empeza a descender ata situarse no 0,4% interanual a 31 de setembro de 2012. En paralelo, durante este mesmo período, a afiliación á Seguridad Social e a Encuesta de Población Activa caen dramáticamente constatando a caída do emprego e a mentira do Goberno.
|
PARO REXISTRADO
|
|||||||
| 2012 % Variación Anual
|
2013 % Variación Anual | ||||||
| Xaneiro | 8,72 | Xullo | 12,44 | Xaneiro | 8,28 | Xullo | 2,43 |
| Febreiro | 9,60 | Agosto | 11,98 | Febreiro | 6,96 | Agosto | 1,58 |
| Marzo | 9,63 | Setembro | 11,32 | Marzo | 5,99 | Setembro | 0,41 |
| Abril | 11,12 | Outubro | 10,84 | Abril | 5,16 | ||
| Maio | 12,52 | Novembro | 11,02 | Maio | 3,75 | ||
| Xuño | 11,97 | Decembro | 9,64 | Xuño | 3,22 | ||
*(Cadro 1)
Máis inverosímil é este comportamento do paro rexistrado, en relación coa afiliación á Seguridade Social, se analizamos a relación entre as dúas variables nos anos anteriores.
En todos eses anos ambas medidas evolucionaron como é lóxico, de forma similar, non variando en ningún caso en máis do 30% os datos dunha respeto á outra.
|
VARIACIÓN ANUAL A MES DE SETEMBRO VARIACIÓN DE DATOS A FIN DE MES |
||
| Ano | Aumento de Parados | Redución de afiliados |
| 2010 | 308.316 | 237.084 |
| 2011 | 208.981 | 299.392 |
| 2012 | 478.535 | 461.733 |
| 2013 | 19.076 | 553.342 |
|
VARIACIÓN ANUAL |
2008 |
2009 |
2.010 |
2.011 |
2.012 |
2.013 |
| Aumento de parados |
608.005 |
1.084.079 |
308.316 |
208.981 |
478.535 |
19.076 |
| Reducción de afiliados |
470.688 |
1.045.444 |
237.084 |
299.392 |
461.733 |
553.342 |
| % Paro / afiliados |
129% |
104% |
130% |
70% |
104% |
3% |
*FONTE: Datos do SEPE e da Seguridad Social1
“Milagrosamente, puntualizou, para que o Goberno poida construír o seu discurso de recuperación (como fixo Mariano Rajoy en Xapón) e efectos positivos da reforma laboral, nos últimos doce meses, o aumento do número de parados rexistrados supón o 3% do número de persoas que saen da afiliación na Seguridade Social no mesmo período”.
Ou o que é o mesmo, o aumento do incremento do paro segundo afiliación á Seguridade Social multiplica por trinta, o aumento segundo o paro rexistrado da Ministra Bañez. (Dato xamáis ocorrido na historia estadística de España).
Por todo iso, Ricardo Varela acusa ao Executivo do PP de poñer en marcha unha estratexia de expulsión e ocultación dos parados nos rexistros públicos de emprego.
“So isto explica, concluíu, esta burda manipulación, sobre todo, se temos en conta que nos dous últimos anos se perderon 1.015.075 cotizantes fronte aos 536.476, perdidos entre setembro do 2009 e 2011. É dicir, non so non é positiva a evolución do emprego no periodo do PP senón que o ritmo de destrución do emprego se duplicou, como indican os datos de afiliados á seguridade social, e ocultan os do rexistro de parados do Servizo Público de Emprego”.




















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



