O hotel restaurante Voar, de Ribadeo, organiza unha nova proposta gastronómica nesta zona: a semana da faba e o cachopo, que se celebrará dende este domingo 20 de outubro ata o 27. As xornadas inclúen, con prezos especiais, catro pratos diferentes con fabas (fabada asturiana, fabas con ameixas, con centola e con chocos) e cinco preparacións distintas de cachopo (cachopín de tenreira, cachopo de porco ibérico con cecina e queixo de cabra, de tenreira, de pescada e de rape). A cociña do restaurante Voar decidiu dedicar estas xornadas ás fabas e ao cachopo porque “estamos en otoño y en esta época del año a la gente le apetece comer platos contundentes; y además la faba está en plena temporada”. Ademais, o restaurante Voar mantén a súa carta de temporada, segue ofrecendo suxerencias diferentes e tamén o seu interesante menú do día.
Xornadas da faba e o cachopo no Voar