Lugo, 13 de novembro de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, presentou, este mércores, o programa para a formación de pais e nais con fillos deportistas: “Os pais no deporte, importancia e papel”, unha iniciativa que parte do interese de contribuír, desde a Unidade de Psicoloxía e Coaching Deportivo de Galiza, á formación, ao desenvolvemento e á mellora dos deportistas na nosa Comunidade, así como do interese da institución provincial polo desenvolvemento destas charlas. No acto de presentación tamén estiveron Rubén Domínguez, coordinador da Unidade de Psicoloxía e Coaching Deportivo de Galiza; Pilar López, concelleira de Deportes de Monforte; e Vicente Castro, concelleiro de Deportes de Ribadeo.
Dotar aos pais, adestradores e directivos deportivos dunha formación relevante para desenvolver o seu papel no deporte dos seus fillos e, desta maneira, contribuír á súa formación, cunha ferramenta que aporte valor á práctica deportiva dos seus fillos, non só desde o punto de vista físico, senón tamén desde o punto de vista da promoción do benestar e das relacións sociais, é o principal obxectivo destas charlas, que se celebraran o día 20 de novembro en Ribadeo, e o 26 e 27 en Monforte e Lugo, respectivamente.
Neste sentido, Antonio Veiga destacou “a importancia do papel que teñen que desenvolver as familias, neste caso, os pais e nais, máis aínda nunha provincia coma Lugo, na que existe unha grandísima afección ao deporte e na que se imparten todas cantas especialidades hai” e explicou que “estas charlas, que chegarán a todas as comarcas de Lugo, serán de grande interese para os pais e nais, pois non sempre se teñen claras todas as claves e conceptos que hai que ter cando os fillos e fillas practican algunha disciplina deportiva, ao mesmo tempo que contribuirán a que os rapaces e rapazas teñan unha mellor formación deportiva, tanto desde o punto de vista físico, como psicolóxico ou social”.
As charlas pretenden ser unha continua interacción outorgando aos asistentes ás mesmas a posibilidade de preguntar e opinar. Está previsto que se imparta unha parte teórica de coñecemento moi práctico, que se alternará con algún vídeo sobre casos reais de deportistas e as súas familias, que axuden a esclarecer o papel do país tanto na dirección adecuada como aquelas actitudes desaconselladas, e coa presenza dalgún deportista ou familiar que aporte a súa experiencia neste ámbito. Como complemento, repartiranse uns folletos informativos con datos relevantes para os pais e nais dos deportistas.
Profesionais da psicoloxía e o coaching no deporte da talla de Joaquín Dosil, Rubén Domínguez, Ignacio Iglesias, Rubén López, Luís Abel Taboada, Hugo Fernández ou Iago Roel serán os encargados de achegar estes coñecementos aos pais e nais que participen nestas xornadas.
Os pais e nais interesados en asistir a este programa formativo, poden inscribirse na seguinte dirección de correo electrónico: coordinador@libredon.org.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



