Cervo, 8 de novembro de 2013-Un ano máis a Concellería de Educación convoca o Concurso de postais de Nadal, que nesta ocasión chega á súa edición número 14. Un certame dirixido aos nenos e nenas de educación infantil e primaria e no que se pretende elixir o deseño da postal coa que o Concello felicitará as festas a institucións e entidades.
Para participar é necesario presentar unha postal de temática relacionada co Nadal e de técnica libre antes do día 18 deste mes. En canto ao formato, os orixinais deberán enviarse nunha cartolina tamaño folio e sen ningunha mención nin información que identifique ao autor. Iso si, os datos persoais incluiranse nun sobre pechado, que se entregará xunto á postal na Casa da Cultura ou na Casa do Concello.
Unha vez rematado o prazo e recollidas todas as postais participantes, un xurado conformado por cinco persoas elixirá o mellor deseño de cada unha das tres categorías de idade: de 3 a 5 anos, de 6 a 9 e de 10 a 12 anos, entre as que se poderá decidir tamén a postal coa que o Concello felicitará o Nadal. Os nomes dos gañadores coñeceranse na última semana do mes de novembro e posteriormente, o día 1 de decembro recibirán os premios. Como é habitual, todos os traballos concursantes exhibiranse nunha exposición durante a época do Nadal.
A edil de Educación, Pilar Armada, destaca que este é un concurso con moita tradición no Concello e co que se pretende “animar aos nenos e nenas a desenvolver a súa imaxinación e creatividade a través do debuxo coa motivación engadida de saber que o seu debuxo pode ser o que utilice o Concello para felicitar o Nadal”.
O ano pasado presentáronse unha vintena de traballos, entre os que resultou gañadora a postal de Eva López López O Concello agarda que este ano se superen estas cifras de participación, para o que xa enviou información do concurso aos centros escolares do municipio.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



