Lugo, 26 de novembro de 2013. Este martes no pleno ordinario de novembro da Deputación de Lugo aprobouse cos votos do equipo de goberno da Deputación que a institución se dirixa á Xunta de Galiza para que paralice a suba do canon por tratamento de residuos prevista nos orzamentos de 2014 e demandar a posta en marcha unha mesa de negociación entre Xunta, FEGAMP e SOGAMA para estudar os custes reais do tratamento. Do mesmo xeito, de non procederse a esta retirada da nova tarifa, demandarase á Xunta de Galiza que sexa o goberno autonómico quen asuma este incremento, de maneira que non repercuta nos concellos.
O goberno do PP introduce nos orzamentos da Xunta de Galiza a revisión do canon para acadar os 74,64 euros por tonelada tratada, sen IVE, o que vai supor un incremento de preto do 34% para os máis de 290 concellos adheridos. Esta medida unilateral do PP, sen coñecemento nin participación dos concellos adheridos no proceso de toma de decisión, pretende un incremento desproporcionado e abusivo que se repite, como noutros ámbitos por parte do Goberno do PP, pola adopción de medidas dirixidas a salvar ás grandes empresas corporativas transnacionais. Ademais, hai que lembrar que con esta suba o PP non só pretende compensar as perdas presentes e previsíbeis que ten SOGAMA, senón pasar a ter uns beneficios de preto de 7 millóns de euros a conta da cidadanía galega que verá repercutido este canon nos recibos que cobran polo servizo de recollida de lixo aos concellos.
Por estas razóns, o equipo de goberno aprobou no pleno que a Deputación inste á Xunta a que se retire dos orzamentos do próximo ano o incremento previsto do canon de SOGAMA que deben satisfacer os concellos e que calquera modificación que se pretenda pase obrigatoriamente por un consenso coa FEGAMP e cos concellos implicados, coa participación de SOGAMA e da Consellaría con atribucións en medio ambiente. Ademais, o BNG cre importante que se revise en profundidade o Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galiza 2010-2020, eliminando a previsión de construír un nova incineradora de residuos urbanos e apoiando un modelo que supere SOGAMA, mediante proxectos comarcais de reciclaxe e compostaxe, que posibilite a creación de emprego e alcanzar os obxectivos e recollida selectiva e reciclaxe dos modelos en funcionamento máis avanzados.
Contra a impunidade do Prestige
Os deputados do BNG quedáronse sos na súa defensa contra a impunidade da marea negra do Prestige e a prol da transferencia de competencias marítimas á Xunta de Galiza. O grupo provincial do BNG defendía que a Corporación Provincial amosase o seu desconcerto pola peor catástrofe ambiental que sufriu Galiza e a decepción por saber que nun futuro esta situación pode repetirse coa total impunidade para os causantes.
Ante isto, o BNG solicitaba que a Deputación instase á Xunta e ao Ministerio Fiscal que presenten diante do Tribunal Supremo un recurso de casación contra a sentenza do Prestige, dado que existen supostos de feito para recorrer. Para o BNG é fundamental que o Estado promova as medidas necesarias para denunciar os convenios internacionais asinados polo Estado español en materia de indemnización para este tipo de danos, especialmente no relativo á responsabilidade civil por danos causados por hidrocaburos.
Pero no que realmente fixo fincapé o portavoz do BNG na Deputación, Mario Outeiro, foi na necesidade de que Galiza conte coas competencias para o control e inspección de barcos que recalan nos portos galegos e dos que transitan polo dispositivo de separación de Fisterra, para poder aplicar unha política preventiva no transporte marítimo de mercadorías perigosas, ademais da competencia vinculada ao salvamento marítimo e á loita contra a contaminación mariña nas costas galegas.
O BNG trasladou o seu apoio a todas as mobilizacións en contra da impunidade dos responsábeis da marea negra do Prestige e en demanda da transferencia de competencias á Galiza nesta materia.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



