Os alumnos de 4º de Primaria do CEIP Virxe do Carme, acompañados polas súas mestras e polas monitora do Centro de Educación Medioambiental Gaia, realizaron a ruta dos Castiñeiros Centenarios de Burela. Visitaron esa zona e profundizaron no coñecemento sobre estas árbores, os seus froitos,o magosto… Foi un acercamento ao entorno natural máis próximo dos rapaces e unha ocasión para reflexionar sobre a necesidade de conservar e recuperar o medio natural. Aproveitouse a ruta para observar as distintas especies vexetais que atoparon polo camiño, os cabozos e a Fonte do Souto, segundo informa a Concellería de Medio Ambiente de Burela.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



