Mondoñedo, 6 de novembro de 2013. A Casa da Xuventude de Mondoñedo acolle, esta fin de semana, un obradoiro de prácticas de interpretación con cámara dirixido a actores profesionais e afeccionados, impartido polo cineasta galego Óliver Laxe, que estará acompañado por Alberto Gracia, galardoado no International Film Festival Rotterdam 2013. Esta acción formativa insírese dentro de Buxiganga, o proxecto teatral da área de Cultura da Deputación de Lugo.
Para este curso, que terá lugar o venres 8 e o sábado 9 de novembro de 17.00 a 20.00 horas, e o domingo, día 10, de 9.00 a 21.00 horas, existen aínda prazas libres dentro das 20 totais con que conta o curso. Ten un custe de 20 euros ou 10 euros para as persoas que están dentro dos circuítos Buxiganga 2013, e para inscribirse as persoas interesadas poden dirixirse ao teléfono 982.260.141 ou ao enderezo electrónico ruben.culturaedeporte@deputacionlugo.org
A través de visionados de películas e principalmente exercicios prácticos de interpretación, o obxectivo deste obradoiro pasa por abandonar a propia representación: ser representación. Presentación de emocións verdadeiras nun marco artificial, cun proceso de purga previo de expresividade, respiración e xesto, que permitirá aos actores alcanzar un estado intermedio que permite o emprego de enerxías baixas ou altas.
Este obradoiro enmárcase dentro das accións formativas que programa o proxecto Buxiganga para este 2013, que ofrece un total de 9 cursos en toda a provincia, 3 deles na comarca da Mariña: ‘Ponte en escena’, impartido en Riotorto por Rosalía Quelle Castro no mes de agosto; e o curso de clown que se desenvolveu en Ribadeo o pasado setembro, da man de Marián Bañobre; aos que se suman as prácticas de interpretación de Óliver Laxe.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



