Baixo o lema “Non máis recortes, si máis prevención”, as secretarias de Política Social e de Economía, Ana María González Abelleira e Pilar García Porto, en nome de toda a Executiva provincial, pero sobre todo, en nome de todas as membros femininas deste órgano do PSOE denunciaron este luns, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que “o que debería ser unha máxima prioritaria para as administracións, semella que non o é para o Partido Popular, que está a aplicar os mesmos duros e dramáticos recortes nesta materia que non resto de partidas, a maioría no eido social, sanitario e educativo”. Proba delo, aseguran as socialistas no manifesto que leron esta tarde, é que a redución da Delegación do Goberno da Violencia de Xénero ten superado o 28% dende a chegada do PP ó Goberno do Estado. Malia que todos os indicadores –número de denuncias e índice de retirada das mesmas, así como número de asasinatos sen denuncia- chaman á alarma, “a resposta do Partido Popular son máis de 8,5 millóns de euros menos”.
Pola súa banda, a Xunta de Galicia, lonxe de suplir estas drásticas decisións estatais, vén de presentar unha proposta de Orzamentos para 2014 que aplica o maior recorte en Políticas de Igualdade dende 2009, pasando do 0,5% do total dese ano ó 0,12% previsto para o vindeiro exercicio. Deste xeito, as socialistas defenden que, activar e desenvolver políticas dirixidas a evitar a violencia contra as mulleres, sobre todo naqueles ámbitos nos que existe unha maior vulnerabilidade como a mocidade –os datos falan dun alarmante incremento da violencia nas etapas da adolescencia e da etapa universitaria- ou o entorno rural, debe converterse nun obxectivo prioritario.
Recortes na prevención
Así, mentres as actuacións para a prevención integral neste eido impulsadas polo Goberno central baixaron un 1,54% con respecto a 2013 e un 28% dende a chegada de Mariano Rajoy, no caso de Galicia as cifras son demoledoras. Praticamente, indican González Abelleira e García Porto, “suprimen a partida para a dinamización da igualdade no eido local (promoción da igualdade e prevención da violencia), pasando de 501.141 euros a unicamente 150.000 euros e, ademais, eliminaron a partida de 200.000 euros para a loita contra a violencia no eido universitario. É dicir, lonxe de reforzar estes extremos, a dereita está a minimizar as políticas preventivas nesta materia”, afirmaron.
A prevención é, xunto coas accións impulsadas polas administracións locais –as que primeiro actúan nos casos de violencia de xénero e, polo tanto, adquiren un papel determinante- a través dos Centros de Información á Muller (CIM), “con políticas que están a ser anuladas por parte dos Gobernos do PP. Un Goberno que ten previsto continuar con esta usurpación de competencias e recursos ós Concellos coa aplicación da Reforma da Administración Local, que rematará definitivamente coas políticas de muller, atención ás vítimas de violencia de xénero e prevención emanadas dos municipios”. A este respecto, subliñaron que “o PSdeG-PSOE non vai permitir que se poña freo, ou incluso se dea marcha atrás a unha loita iniciada durante os gobernos socialistas a nivel executivo e lexislativo; traballará como sempre fixo, tanto no goberno como na oposición, para rematar dunha vez por todas con esta lacra”.
Reforma educativa
Así mesmo, as socialistas denunciaron que, logo de que se aprobara unha reforma educativa, a chamada LOMCE, que prevé a eliminación da asignatura de Educación para a Cidadanía -unha das pezas clave para a prevención e para a educación de valores como o da igualdade e o do respecto na etapa do ensino-, “a dereita está a minimizar as políticas preventivas en violencia de xénero. A erradicación desta barbarie, tanto física como psicolóxica, a da violencia que exerce o home sobre a muller e, en moitos casos, sobre os seus fillos e fillas, ten que ser unha obriga constante”, destacaron.
Cumprimento Lei Integral
Tendo en conta as cifras que demostran os recortes impostos polo Gobernos do PP, as socialistas subliñaron que o PSdeG, ademais de esixir o cumprimento da Lei Integral contra a Violencia de Xénero, utilizará todos os mecanismos que estean ó seu alcance para esixir ao PP que mude as súas políticas de recorte, porque a violencia de xénero non se combate sen recursos. “Precisamos artellar actuacións transversais e programas de prevención orientados a evitar comportamentos violentos, nomeadamente nas etapas de crecemento de homes e mulleres, con ciclos formativos en centros educativos de Primaria, ESO e Bacharelato…E nesta loita sempre estaremos os e as socialistas; unha loita que, non admite retrocesos e que a sociedade está chamada a gañar”, concluíron.
A violencia de xénero en cifras
Nos últimos dez anos, 700 mulleres teñen perdido a súa vida en España vítimas da violencia de xénero. Segundo datos do Punto de Coordinación de Medidas de Proteción da Xunta deste mesmo mes, en Galicia existen 884 medidas de proteción, das que 353 corresponden a Pontevedra, 345 á Coruña, 129 a Lugo e 57 a Ourense. É dicir, Lugo ten o 14,5% das medidas de proteción de toda Galicia.
Así mesmo, o Consello Xeral do Poder Xudicial ten contabilizadas 2.552 denuncias por malos tratos á muller no primeiro semestre do ano, das que 1.185 foron en Pontevedra, 885 en A Coruña, 250 en Lugo e 232 en Ourense.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



