O club deportivo Marqués de Casariego de Tapia pecha as xornadas micolóxicas deste 2013 cunha cea-baile que se desenvolverá o sábado 30 de novembro ás nove e media da noite no restaurante El Álamo de Rapalcuarto coa música de Discoteca Móvil Mourelle. O Club Deportivo “Marqués de Casariego” quere “contribuír, neste ano difícil e complicado, abaratando os prezos con respecto ao ano pasado, colaborando desta maneira a que todos poidan acompañarnos”. Así, o prezo da actividade será de 22 euros para os socios e rapaces maiores de 10 anos, 24 euros para os non socios e 15 para os menores de 10 anos. Os interesados poden retirar as entradas ata o mércores 27 no propio restaurante ou en A Dorada do cantábrico (Ribadeo) ou reservándoas nos teléfonos do club: 659 000 707 (Rafa), 689 175 515 (José Luís) e 608 540 828 (Eva). O menú estará composto por: puding de cogomelos, champiñóns recheos de xamón, polbo con cogomelos e pataca cocida, solombo de porco con cogomelos e patacas, tarta de cogomelos, viños, licores e café.
Cea baile micolóxica en Tapia
Cea baile micolóxica en Tapia
Relacionado
-
Falece un motorista en Lugo
-
O grupo dos maiores de Cervo Concilia fixo este mércores unha saída á praia para recoller tesouros naturais: cunchas, area, pedras e outros materiais especiais
-
O alumnado de 6º curso de Educación Primaria do Colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, celebrou cun evento o seu paso á ESO