Cervo, 13 de novembro de 2013- A corporación de Cervo celebrará este xoves (11:00 horas) un pleno extraordinario no que se debaterán temas económicos de vital importancia para o municipio, como é o caso dos orzamentos para 2014 dos que o Concello xa ten informado. Pero ademais, a corporación abordará a amortización anticipada de débeda por importe de 330.000 euros que pretende facer o goberno local.
Unha operación que consiste en cancelar unha parte da débeda que ten o Concello cos bancos antes de tempo para así cumprir coa normativa actual. Cabe destacar que con esta amortización anticipada o Concello dá un paso máis en materia financeira. “Esta operación é posible pola solvencia e a boa saúde das arcas municipais” explica a edil de Facenda, Yolanda Pedreira.
Unha situación económica positiva que, tal e como lembra a edil, “xa nos ten permitido, por exemplo, pagar aos nosos provedores nos prazos que marca a lei, ou non subir os impostos nin este ano nin o que vén nin tampouco actualizar as taxas e ordenanzas segundo o IPC”.
Neste sentido, Pedreira tamén destacou que a débeda do Concello cos bancos reduciuse moi notablemente nos últimos anos. En concreto, se no 1999 a débeda era do 151%, no ano 2014 prevese que se sitúe no 51%, unha baixada moi destacable “que está directamente relacionada cunha xestión económica responsable que vimos mantendo nos últimos anos de forma constante” engade Pedreira. Ademais, nestes anos o Concello conseguiu eliminar por completo a débeda aos provedores, pasando dos 2 millóns de euros que había no 1999 aos cero euros da actualidade.
Polo tanto, esta amortización de débeda “é unha boa noticia para o Concello porque contribúe á estabilidade orzamentaria e nos permite seguir mellorando e traballando por Cervo” remata a responsable de Facenda.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



