A biblioteca pública municipal de Alfoz organiza os concursos infantís de poesía e postais con motivo do Nadal. Na convocataria local do concurso de poesía infantil sobre o Nadal poderán participar tódolos nenos e nenas e hai tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 e de 12 a 16 anos. Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe, que deben estar escritos en galego. O prazo rematará o 23 de decembro. O fallo do xurado local farase público na primeira quincena de xaneiro de 2014 e os poemas premiados participarán na fase provincialdo certame. Os seleccionados de cada categoría recibirán diploma e libros. No certame de postais participarán todos os nenos e nenas do concello en idade escolar e haberá dous premios para cada unha das categorías establecidas: 1º e 2º de primaria, 3º e 4º, e 5º e 6º. A recepción de traballos rematará o 23 de decembro.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



