Este curso da UNED de Foz impartido por Yolanda Villar desenvolverase o 15 de novembro en horario de 16.00 a 21.00 horas na propia aula universitaria de Foz, pero tamén se poderá seguir por streaming. Nestas cinco horas lectivas desenvolverase o termo de intelixencia social para describir a habilidade de comprender e motivar a outras persoas; as emocións básicas e o seu manexo; a regulación emocional, o manexo da culpa, do sentimento de vítima e do resentimento propio entre outros asuntos. Os interesados poden inscribirse neste enlace por un prezo de 60 euros (matrícula ordinaria) ou 45, no caso dos desempregados, alumnos discapacitados e alumnos da UNED.
Curso práctico de intelixencia emocional aplicada nivel 1
Curso práctico de intelixencia emocional aplicada nivel 1
Relacionado
-
Xa se coñecen os traballos que resultaron gañadores do certame de narración e debuxo infantil de Cervo convocado con motivo das Letras Galegas
-
Presentacion do libro “Ángeles Alvariño. Mi estela en los oceános” de Germán Castro Tomé
-
Este martes celebrouse cunha gran afluencia de público un novo “Arruguiñas falando”