Lugo, 27 de novembro de 2013.- A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, e alcaldes lucenses fixéronlle chegar este mércores ao presidente da Deputación Provincial de Lugo as certificacións dos acordos plenarios celebrados en 41 municipios da provincia nas que censuran o plan de emprego da administración lucenses por “discriminatorio e excluínte”. A maiores, os populares na Deputación tamén rexistraron unha petición de solicitude de pleno extraordinario para que o bipartito rectifique o plan.
Estas actas plenarias patentan que 41 plenos municipais gobernados polo Partido Popular estableceron a unha soa voz que os lucenses non están dispostos a aceptar que se discrimine ou se exclúa aos parados en función do municipio de residencia e polos réditos electorais que se podan obter.
A celebración destes plenos extraordinarios “é un feito histórico”, froito da indignación dos veciños ante un plan de emprego que non garante a igualdade de oportunidades entre a poboación desempregada da provincia.
En concreto, nestes plenos os alcaldes, en defensa dos intereses dos seus veciños, esixiron que a administración provincial modificase as bases do plan de emprego e dotase a actual convocatoria do orzamento suficiente para que podan participar neste programa todos os concellos da provincia.
Solicitude de pleno extraordinario na Deputación
A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, xunto a deputados provinciais tamén rexistrou esta mañá unha petición de solicitude de pleno extraordinario na que insta a Deputación que atenda as peticións recollidas nestas actas plenarias e que modifique as bases “discriminatorias e excluíntes” que rexen este plan de emprego da Deputación.
A Deputación ten a obriga de garantir a igualdade de oportunidades entre os lucenses, e non se pode permitir que as bases desta convocatoria deixen fóra, sen opcións, nin sequera a participar, a 24.552 desempregados, case o 95% do total de provincia.
Un goberno provincial perpetrado na mentira
Os populares denuncian estar ante un goberno provincial perpetrado na mentira, que non pode seguir a xustificar a marxinación duns parados sobre outros, o que implica o “enérxico rexeitamento a este plan” recollido nas actas plenarias que “agardan que sexan atendidas polo presidente provincial xa que son a voz de máis destes 41 concellos.
Plan discriminatorio
Só 12 dos 67 concellos da provincia se inclúen neste plan de emprego, o que implica que só podan participar no plan de selección 9 de cada 10 desempregados lucenses. Deste xeito, as bases da convocatoria deixan fóra a 24.552 desempregados, case o 95% do total de provincia.
Do total de concellos que cumpren a puntuación mínima para participar no plan, un está gobernado polo PP (Quiroga) e o resto (11 concellos máis) teñen alcaldías do PSOE e do BNG, que se repartirán entre eles un orzamentos de dous millóns de euros.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



